viernes, 1 de agosto de 2025

IGREXA DE SANTIAGO DE ANTAS - ANTAS - A LAMA

 IGREXA DE SANTIAGO DE ANTAS

ANTAS

A LAMA

Igrexa de Santiago de Antas
      Edificación relixiosa construída no ano 1505 en cantaría granítica, de planta rectangular e cuberta a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas. 
 

     Presenta pináculos de bola nos esquinais. A fachada principal pilastrada presenta unha porta de aceso con falsas pilastras e arco de medio. 

     Por riba dela un ocelo con derrame interno e decorada cun rosetón, e un reloxo de agullas de factura moderna.

    O conxunto remata cunha espadana de dúas alturas, o inferior con dous ocos con cadansúa campá. 

      De remate unha cruz de pedra e varios pináculos de bola.

Antas
      Santiago de Antas é unha parroquia que se localiza na parte central do concello da Lama. 

     Segundo o IGE en 2010 tiña 296 habitantes (131 homes e 165 mulleres), 27 menos ca en 1999.

Toponimia
       O topónimo de Antas procede da voz latina anta 'marco', 'columna' e pode facer referencia a marcos de pedra para dividir leiras e outras propiedades. 

     Noutra vía, podería proceder dos restos megalíticos existentes na parroquia, xa que se sabe que os dolmens son chamados antas. 

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego 

XOAN ARCO DA VELLA  

IGREXA DE SANTO ANDRÉ DE XEVE - FILGUEIRA - XEVE

 IGREXA DE SANTO ANDRÉ

SANTO ANDRÉ DE XEVE

FILGUEIRA

XEVE

Xeve
    Santo André de Xeve é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. 

      Segundo o padrón municipal de 2017 tiña 1.066 habitantes (560 mulleres e 506 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 1.219 habitantes. 

     Até 1944 pertenceu ao concello de Xeve como concello independente, aínda que agora pertence ó de Pontevedra. 

      Nesta parroquia naceu a escritora Fina Casalderrey.

      A parroquia sitúase no nordeste da cidade e linda con Santa María de Xeve, Mourente, Bora, así como co veciño concello de Cerdedo-Cotobade.

Lugares de interese
    Na parroquia emprázase o campo de tiro de Cernadiñas Novas, onde se celebran competicións nesta modalidade deportiva. 

     Destacan a igrexa parroquial (do século XVI e reformada no XVII), a casa reitoral, situada nas súas inmediacións, e a capela de san Roque.

Celebracións relixiosas
     O patrón da parroquia é santo André e a súa festa celébrase o día 30 de novembro. Tamén se celebran os días de san Roque, do Santísimo (no primeiro domingo despois do Corpus Christi) e da Virxe do Carme (o terceiro domingo de agosto).

Lugares de Xeve
O Couso, Filgueira, Fragoso, Maúnzo, Santa Cruz, Sobral

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA  

EIRA DE FRAGUINHAS - SISTELO - ARCOS DE VALDEVEZ

 EIRA DE FRAGUINHAS

SISTELO

ARCOS DE VALDEVEZ

Sistelo
      Sistelo é unha freguesía portuguesa do concello de Arcos de Valdevez, con 26,23 km² de superficie e 199 habitantes (censo 2021).

     A súa densidade de poboación é de 7,59 hab./km² .

      Atópase na Serra da Peneda, presentando un terreo accidentado, con altitudes que oscilan entre os 180 metros e os 1360 metros.

       A Orde de Malta tiña importantes bens na zona desta freguesía. Razón pola que o escudo da freguesía leva, en xefe, a cruz octogonal daquela antiga Orde Relixiosa e Militar.

Monumento Nacional da Paisaxe Cultural de Sistelo
      O presidente da República Marcelo Rebelo de Sousa promulgou, o 28 de decembro de 2017, a clasificación como Monumento Nacional da Paisaxe Cultural de Sistelo, que gañou recentemente o sobrenome de "Pequeno Tíbet Portugués".

      A clasificación foi aprobada polo Consello de Ministros do 7 de decembro de 2017, que estableceu “restricións para a protección e salvagarda da aldea de Sistelo e da paisaxe circundante”.

      Esta foi a primeira paisaxe do país clasificada como Monumento Nacional, título que antes se atribuía ao patrimonio construído.

A freguesía consta de 5 pequenos lugares:
    Igreja
    Estrica
    Quebrada
    Padrão
    Porto Cova

Clima e hidroloxía
       O clima desta rexión é mediterráneo marítimo, cunha temperatura media anual de 13 °C e unha precipitación media anual de 2093 mm. A zona está atravesada por unha densa rede hidrográfica. Entre os diversos ríos e regatos que atravesan a freguesía destaca o río Vez, principal afluente do río Limia.

Economía
      Sistelo é unha comunidade rural perfectamente adaptada ao territorio de montaña. Na base da economía local está a actividade agraria e gandeira cun uso diversificado do territorio. 

     A agricultura de subsistencia realízase nos socalcos, producindo millo rexional, xudías e patacas e forraxes e pastos para a alimentación animal. O gando vacún constitúe unha das principais fontes de ingresos, concretamente as razas autóctonas barrosã e cachena.

Patrimonio
 
  Socalcos
    Rego tradicional
    Muíños
    Hórreos vinculados ao cultivo do millo
    Camiños
    Calzadas de montaña
    Razas autóctonas de gando e cultivos
    Cortes

    Vivendas de granito
    Castelo de Sistelo  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUZ DE BARBEIRA - CAPELA DE LOURDES - BARBEIRA - ESCUADRA - A LAMA

 CRUZ DE BARBEIRA

CAPELA DE LOURDES

BARBEIRA

ESCUADRA

A LAMA

 Barbeira
     Barbeira é un lugar da parroquia de Escuadra, no concello pontevedrés da Lama, na comarca de Pontevedra.

Escuadra
     San Lourenzo de Escuadra é unha parroquia que se localiza no concello da Lama. 

     Segundo o IGE en 2009 tiña 178 habitantes (100 mulleres e 78 homes), un menos ca en 1999. 

     Ten once entidades de poboación. 

Lugares de Escuadra
 
   Albáns, Barbeira, Os Cabanelas, Carrizáns, As Chozas, O Peso, Portela das Eiras, Rozadas, San Lourenzo, Sualomba, O Verdugo 

Comarca de Pontevedra
     A comarca de Pontevedra é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Pontevedra. 

     Pertencen a esta comarca os concellos de Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa. No 2020 tiña 125.280 habitantes.

MAPA

  

XOAN ARCO DA VELLA