IGREXA DE SANTA MARIÑA DE ORBÁN
ORBÁN
VILAMARÍN
Igrexa de Santa Mariña de Orbán
A súa igrexa, de tradición medieval, conserva desta época tres canzorros (exterior, lado esquerdo) e o arco triunfal de acceso á capela maior, gótico, con columnas que levan capitéis de tipo vexetal.
Un miliario, custodiado na Casa Rectoral, fala da súa poboación na época romana, ó igual que os moi romanizados castros de Marcelle e Frameán, en Toldavía.
A igrexa parroquial actual, en pedra, ten nave e capela maior.
A súa fachada é moi sinxela, con espadana de dous corpos, rematado o segundo cunha cruz de ferro.
Está cuberta a dúas augas. O seu retablo maior, en estilo neoclásico, século XIX, contén interesantes imaxes da patroa e de San Roque.
Ademáis, no ático deste retablo locen unhas pequenas imaxes de San Bieito e San Xoán Bautista.
A antiga imaxe de Santa Mariña, pisando o dragón infernal, consérvase sobre unha peaña, na nave. A parroquia dispón de tres petos esmoleiros de arte popular (de San Antón, das Ánimas e do Santísimo).
Na capela maior, pía de auga bendita de tradición medieval, posiblemente a orixinal da época da igrexa medieval.
MAPA
Fuente: Concello de Vilamarín
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901