Coiro
San Salvador de Coiro é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Cangas.
Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 6.817 habitantes (3.354 homes e 3.463 mulleres) distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 5.822 habitantes.
Patrimonio
A parroquia ocupa os vales fluviais do río Bouzos e do seu afluente, o río da Presa.
Iglesia de San Salvador de Coiro
O templo atópase no lugar do Igrexario. Posúe unha espléndida fachada do século XVIII realizada polos irmáns Novas, onde destaca poderosamente unha rutilante torre cunha rica ornamentación barroca, inspirada nun estilo compostelán.
O primeiro que chama a atención na súa magnificencia é o seu tamaño, seica esaxerado en comparación co resto da igrexa, pero que ten a súa explicación no padroado que sobre ela exerceron os marqueses de Santa Cruz de Rivadulla.
Ademais desde o privilexiado lugar que constitúe o adro parroquial, divísanse unhas preciosas vistas de todo o val e da ría de Vigo.
MAPA
Fuente: Concello de Cangas
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901