PONTE VELLO FILGUEIRA - CORTEGADA
CRECENTE - CORTEGADA
RÍO MIÑO
Ponte realizada para salvar o río Miño na estrada entre A Cañiza e Xinzo de Limia e que une os municipios de Crecente e Cortegada.
Trátase dunha ponte metálica de vigas en celosía, unha tipoloxía construtiva moi habitual a finais do século XIX e principios do XX e con numerosos exemplos en Galicia: Ponte Internacional de Tui, Viaductos de Redondela, ponte de San Clodio, etc.
O viaducto mistura dous materiais, o ferro e o granito, e dependendo do material configúranse dous tipos de vans.
En sillería de granito realízanse os estribos abovedados que presentan tres arcos de medio punto.
Por outra banda, o taboleiro metálico ocupa o van central, sendo unha estrutura prismática cuadrangular contínua de vigas de celosía cunha luz de 48 metros.
Recentemente foi substituída por unha nova ponte, aínda así continúa en uso.
MAPA
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901