BALDAQUINO DE XENDIVE
IGREXA DE XENDIVE
BOBORÁS
Igrexa de San Mamede de Xendive
O orixen moi posiblemente románico, sufreu o longo da sua vida numerosas transformacions, a última de elas en 1819, cando o Mestro de Arquitectura José Nieto, fillo, desfixo a primitiva portada da Iglesia, ampliando e abovedando a nave y levantando unha sinxela y hermosa Torre.
O edificio depara un gran interés artístico na ala dereita do crucero, onde se conserva embutido no propio muro un relieve da última Cena de Xesús cos Apóstoles, procedente posiblemente de un antigo baldaquino, posiblemente do mesmo taller que os baldaquinos de Xurenzás e de Loureiro, do Mestro de Ventosa.
Xendive
San Mamede de Xendive é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.
Sitúase na confluencia do río de Froufe e o río Viñao. Segundo o INE en 2021 tiña 85 habitantes (39 homes e 46 mulleres), 56 menos que en 2011 e 118 menos que en 2001 cando contaba con 203 veciños, polo que veu reducida a súa poboación case un 60% en dúas décadas.
A parroquia está conformada por catro núcleos de poboación:
Meixe, Nogueira, Pereiras, Porto Pereiras e Xendive, atopándose neste último a igrexa de San Mamede, a única da parroquia.
Comarca do Carballiño
A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal.
Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901