domingo, 9 de junio de 2024

IGREXA DE SAN CAETANO - A CAPELA - QUINTELA - CRECENTE

 IGREXA DE SAN CAETANO

A CAPELA

QUINTELA

CRECENTE

Igrexa de San Caetano
     O nome do lugar da súa localización "A Capilla", fai referencia á antiga capela ligada á Colexiata de Crecente atendida por un racioneiro que existía no lugar que se sitúa o actual templo.

     Referente a este dato, consérvase nun lintel dunha casa da parroquia a inscrición: "D.M.A. y P" e a calidade deste personaxe "racioneiro".

     Do século XIX, presenta planta rectangular e fachada con porta alintelada, dúas ventás rectangulares e espadana central de dobre van.

     A ábsida destacada en altura presenta unha cuberta a catro augas, mentres que o resto do edificio posúe cuberta a dúas augas.

Quintela
      San Caetano de Quintela é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Crecente na comarca da Paradanta.

     Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 225 habitantes (109 homes e 116 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha gran diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 334 habitantes.

Lugares de Quintela
     A Bazoca, Borbote, O Cabo de Aldea, O Cancelo, A Capela, Os Coedros, A Fonte Rastrada, A Frieira, As Laxas, A Leira, A Rectoral, A Sabanle, A Xeixeira

Comarca da Paradanta
       A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. 

       A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente.

     Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. 


     Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901