sábado, 1 de junio de 2024

CRUCEIRO DE XUNQUEIRAS - AS XUNQUEIRAS - O XOBRE - A POBRA DO CARAMIÑAL

CRUCEIRO DE XUNQUEIRAS

AS XUNQUEIRAS

O XOBRE

A POBRA DO CARAMIÑAL

       Cruceiro de capela datado do 1679 que se eleva sobre plataforma de dous chanzos dos que arranca un groso fuste de sección octogonal.

      Compleméntase o ancho capitel cunha fornela que presenta escenas talladas en baixorrelevos policromados en tres das súas caras, hoxe en día as cores están case inapreciables.

       Noutra está aberto o oco da fornela que alberga a Virxe co Neno, baixo un teito a modo de bóveda. Santificando o conxunto, enriba da fornela vai un Cristo crucificado no anverso e unha Virxe da Concepción no reverso.

     Está a 70 metros do pazo-torre dos Xunqueiras.

       Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

      Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.

       Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901