sábado, 4 de mayo de 2024

IGREXA DE SANTA MARÍA DE LOUREDO - LOUREDO - MASIDE

 IGREXA DE SANTA MARÍA DE LOUREDO

LOUREDO

MASIDE

Igrexa de Santa María de Louredo 

     Iglesia románica do século XIII feita a base de perpiaño granítico labrada e escuadrado, de planta rectangular e cuberta a dúas augas, agás na Sancristía (obra do século XVIII) que é a tres augas.

     Posúe ábsida semicircular con tres vans enmarcados por arcos de medio punto decorados. O conxunto posúe cornixa de bolas sobre canzorros figurativos, cruz antefixa no vértice da nave, e pináculos de bóla.

       A fachada principal destaca polos dous contrafortes. A porta principal de acceso destaca polas dúas arquivoltas tóricas lixeiramente apuntadas con moldura axedrezada. O tímpano é liso.

       Máis arriba un pequeno van rectangular con derrame interno.

O conxunto remata nunha espadana de factura máis recente, de dous corpos con arcos de medio punto e pináculos de bóla nos extremos.

         No muro sur existe outra porta de acceso moi semellante á principal.

     No interior da igrexa podemos ver restos de decoración mural de época medieval. Tamén destacan as imaxes de Santiago, San Mauro, San Rosendo, San Bieito e a Virxe co Neno.

       No adro da igrexa existe unha pía bautismal policromada, decorada con figuras en relevo.

 Louredo
      Louredo é unha parroquia do concello de Maside na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

     Segundo o IGE en 2022 tiña 139 habitantes (72 homes e 67 mulleres), 84 menos ca en 1999.

Etimoloxía
      O topónimo Louredo vén do latín lauretum (de laurum, "loureiro") máis o sufixo abundancial -etum, polo que é un fitónimo que fai referencia a un lugar onde hai dita planta.

Patrimonio
       Igrexa románica do s. XII de importancia decorativa. Conta cunha ábsida semicircular na que se abren tres baleiros enmarcados por arcos de medio punto, esquema decorativo propio do románico rural e que se repite tamén na portada principal.

      No interior atópanse restos de decoración mural da época medieval. Tamén ten unha pía bautismal con figuras en relevo. Entre as esculturas cabe mencionar a de Santiago, San Mauro, San Rosendo, San Bieito e unha Virxe co neno.

Festas
     As festas de Sta. María de Louredo festéxanse os días 24 e 25 de agosto de cada ano. Estas festas honran principalmente a S. Bartolomeu (24) e a S. Antonio (25). A noite do 24 ao 25, ás 24h, acostúmase a tirar fogos artificiais, na que, ao remate, aparecerá a imaxe de San Bartolomeu.

Lugares de Louredo
     A Carreira, Espiñeiros, Louredo. Manzós, Martín de Louredo, O Outeiro. Ribadal, Sante

Comarca do Carballiño
      A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal.

     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

Poboación
     No ano 2020 tiña 26.443 habitantes, deles 13.896 eran mulleres e 12.547 homes.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901