CASTRO DE SAN VICENZO
SAN VICENZO
AVIÓN
O castro de San Vicenzo
Por iniciativa da asociación cultural VIVE AVIÓN e dos titulares do monte comunal onde se atopa o castro, chegouse por fin a unha pequena sondaxe arqueolóxica con tres catas que nos achega algo de información sobre os habitantes máis antigos destas terras de Avión.
O castro de San Vicenzo chegou ao século XXI sen escavacións regladas. A pesares dalgunha actuación dos buscatesouros, que sempre destrúen probas e nunca aportan nada ao coñecemento xeral, o castro de San Vicenzo segue intacto e estamos seguros de que pode gardar información sobre os modos de vida, actividades cotiás, relacións con outros castros… que a catas e estudos futuros poderán axudanos a descubrir.
Destacar a aparición de cerámica típica dos castros, ademais dos restos dunha ánfora romana, e o descubrimento do que puido ser a porta de acceso ao recinto superior.
Os achados nas escavacións, por humildes de parezan, poden dar moita información sobre o seu uso e a súa datación relativa, tendo en conta a súa posición orixinal nos estratos do terreo. Os cazatesouros destrúen esa información, que nunca máis poderá recuperarse.
San Vicenzo
San Vicenzo é un lugar da parroquia de Avión no concello ourensán de Avión na comarca do Ribeiro.
Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 79 habitantes (34 homes e 45 mulleres), seis menos ca en 2010 (35 homes e 50 mulleres).
Lugares de Avión
Beresmo, Cernadas, San Vicenzo, San Xusto
Avión
San Xusto e Pastor de Avión é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense.
En 2015 tiña 588 habitantes (279 homes e 309 mulleres), 133 menos ca en 2000.
Esta parroquia, por ser a capital do municipio, non perdeu tanta poboación como as outras do concello.
Patrimonio
A igrexa parroquial ten a súa orixe a comezos do século XVII, rematándose a súa construción en 1742. A fachada é un retablo barroco realizada por canteiros da Terra de Montes, e ten outras dúas portadas fortemente moldeadas e con fornela superior, con figuras pétreas de Santo Antón co Neno e a Virxe e o seu fillo. A cabeceira, moi anterior a 1742, ten bóveda de nervios góticos con claves historiadas policromadas. Na central figuran os santos Xusto e Pastor, con caretas alusivas aos principios centrais da fe.
A arquitectura da torre do templo, con carátulas angulares na balaustra inferior, é similar á das igrexas de Carballeda e Beiro, posiblemente porque foron ordenadas facer pola mesma persoa, o conde de Ribadavia.
A igrexa ten columnas salomónicas angulares, algo que malia ser un exemplo moi característico do barroco, non é común nos exteriores das igrexas do barroco galego.
MAPA
Fuente: Web Asociación Cultural VIVE AVIÓN
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901