miércoles, 14 de febrero de 2024

CRUCEIRO DE SAN PANTALEÓN - FAQUÍN - GARABÁS - MASIDE

 CRUCEIRO DE SAN PANTALEÓN

FAQUÍN

GARABÁS

MASIDE

      Cruceiro de inais do século XIX que nace sobre dous chanzos cadrados.

      A súa base, cúbica e coas arestas rebaixadas, posúe unha inscrición pouco lexible que nos fala do seu autor (posiblemente Indalecio Prieto, mestre canteiro do Carballiño).

     O varal, de sección cilíndrica, posúe a imaxe de San Pantaleón na parte media.

      O capitel moldurado da paso a unha cruz de sección cilíndrica coas imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe cunha daga no peito e sobre unha peaña no reverso.

     O conxunto posúe tamén un altar a xeito de pousadoiro.

      Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

      Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.

      Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901