viernes, 2 de febrero de 2024

CASTRO DE SANTA MARIÑA - A CASANOVA - AMARANTE - MASIDE

 CASTRO DE SANTA MARIÑA

A CASANOVA

AMARANTE

MASIDE

 A Casanova
      A Casanova é un lugar da parroquia de Amarante no concello ourensán de Maside na comarca do Carballiño.

      Tiña 35 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 16 eran homes e 19 mulleres.

Lugares de Amarante
     O Agro de Quinta, A Aldeíña, A Casanova, Corzos, Dacón, Fonteboa, A Fontela, Gulfa, Pousada. Santián

Amarante
       Santa María de Amarante é unha parroquia do concello de Maside na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 745 habitantes (354 homes e 391 mulleres), nove menos ca en 2006.

Maside
     Maside é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.906 habitantes (3.157 en 2003).

Situación
       O concello de Maside é bastante chao. Atópase entre a Serra do Faro e os Montes do Testeiro no oeste e a bacía do río Miño no suroeste, con alturas entre os 200 m e os 500 m coas alturas do Alto do Bolo (544 m), o Pico Piñeiro (443 m) e Amarante (430 m).

       É de notar a presenza de mananciais de augas termais do parque da Rañoa. O territorio está cuberto por unha superficie forestal moi ampla e a superficie agrícola é moi fértil.

Historia
      Hai restos castrexos en Piñeiro, Maside e Listanco. Os romanos explotaron a arsenopirita no Puzo do Lago e talvez o ouro (de onde se pensa que se orixinou a lagoa actual).

      Na Idade Media Maside pertenceu ao Conde de Ribadavia e a parroquia de Garabás ostentou o título de "vila".

Patrimonio
      Pódense ver boas mostras do románico rural de carácter austero (século XIII) nas igrexas de Garabás, Santa Comba de Trevoedo, Santa María de Louredo e, especialmente na de San Tomé de Maside Vello, de fins do século XII. Da mesma época é a ponte de San Fiz sobre o río Barbantiño, construído probabelmente sobre un romano anterior.

     Entre as construcións civís destaca o hórreo de Listanco, o pazo de As condomas, do século XIII, e o pazo de Armeses, en Listanco, do século XIX. O reloxo do concello procede do mosteiro de Oseira.

Parroquias de Maside    
      Amarante (Santa María), Armeses (San Miguel), Garabás (San Pedro), O Lago (San Martiño), Louredo (Santa María), Maside (San Tomé), Piñeiro (San Xoán), Rañestres (San Mamede), Santa Comba do Trevoedo (Santa Comba)

Comarca do Carballiño
      A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal.

     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín. 

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901