SARTEGOS DE SANTA MARIÑA
CASTRO DE SANTA MARIÑA
A CASANOVA
AMARANTE
MASIDE
O castro de Santa Mariña, situado a 326 mts. de altura sobre o nivel do mar, atópase no concello de Maside, ao leste ten o río Barbantiño e ao oeste o arroio Listanco, ambos os ríos únense aos pés da ladeira sur do monte.
A necrópole formada por dúas sepulturas, unha delas escavada directamente na roca, é de topoloxía antropomorfa, é dicir ten o encaixe para axustar a cabeza en forma de ferradura, non esta completa, fáltalle a parte dos pés, polo tamaño parece ser que debeu de pertencer a un adolescente, non presenta encaixe para as laxas da cuberta.
A segunda sepultura é exenta, parecendo un sartego, non ten a cabeza marcada e a súa tipoloxía é rectangular, atópase lixeiramente ladeada sobre un dos seus costados, é de adulto.
Estes enterramentos pertencen ao medioevo posiblemente ao redor do século X.
A Casanova
A Casanova é un lugar da parroquia de Amarante no concello ourensán de Maside na comarca do Carballiño.
Tiña 35 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 16 eran homes e 19 mulleres.
Lugares de Amarante
O Agro de Quinta, A Aldeíña, A Casanova, Corzos, Dacón, Fonteboa, A Fontela, Gulfar, Pousada, Santián
Amarante
Santa María de Amarante é unha parroquia do concello de Maside na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 745 habitantes (354 homes e 391 mulleres), nove menos ca en 2006.
Comarca do Carballiño
A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal.
Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.
VIDEO
MAPA
Fuente: Blog de enricvillanueva.wordpress.com
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901