sábado, 27 de enero de 2024

IGREXA DE SAN FACUNDO DA PEREIRA - A PEREIRA - ENTRIMO

 IGREXA DE SAN FACUNDO DA PEREIRA

A PEREIRA

ENTRIMO

A Pereira
     San Facundo da Pereira é unha parroquia do concello de Entrimo, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense.

     En 2007 tiña 126 habitantes (54 homes e 72 mulleres).

Lugares da Pereira
  
Bouzadrago, Guxinde, A Pereira

Entrimo
      Entrimo é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Baixa Limia. En 2014 tiña 1323 habitantes, segundo o padrón municipal (1386 en 2003). O seu xentilicio é «entrimés».


Xeografía
       O concello, de 85,43 km², abrangue 5 parroquias e 18 lugares. Limita ao norte con Melgaço (Portugal), ao nordeste con Lobeira, ao sueste con Lobios a través do río Limia (encoro de Lindoso no sur), e ao oeste con Arcos de Valdevez a través do río Barcia e con Castro Laboreiro (Melgaço).

      É un concello de orografía montañosa, cunha altitude media de 511,4 m sobre o nivel do mar.

       Ao oeste do concello están as serras do Quinxo, e ao leste a serra de Queguas (extremo Oriental).


 Parroquias de Entrimo    
       Entrimo (Santa María a Real), Galez (San Fiz), A Illa (San Lourenzo), A Pereira (San Facundo), Venceáns (San Tomé)

Comarca de Baixa Limia
     A Baixa Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense.

     Pertencen a ela os concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños.

      Limita ao oeste, ao sur e ao sueste con Portugal, ao norte coa comarca da Terra de Celanova e ao leste coa comarca da Limia. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901