IGREXA DE SAN CRISTOVO
FORMAS
CHANTADA
IGREXA PARROQUIAL DE SAN CRISTOVO DE FORNAS
Edificio da segunda metade do século XII, con numerosas reformas posteriores. A nave e a ábsida son de planta rectangular, e a cuberta de tella a dúas augas.
Ten no interior arco triunfal de medio punto, de tendencia á ferradura, de sección rectangular, axadrezado, imposta sinxela e columnas apegadas con capiteis con decoración zoomorfa.
No testeiro hai unha ventá con arquivolta de toro, moldura de billetes e capiteis historiados.
O tellado da ábsida conserva canzorros lisos. A portada principal está alterada, pero conserva arco de medio punto con arquivoltas, capiteis rudos e un tímpano liso con inscrición ilexible.
O frontispicio culmínase cunha espadana de dous vans.
Acceso
Partir de Chantada en dirección Antas de Ulla, pola estrada LU-P-1809. A 2 km coller o desvío á dereita. A igrexa atópase a 40 m do cruzamento.
Fornas
San Cristovo de Fornas é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo.
Tiña 94 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 47 homes e 47 mulleres.
O que supón unha diminución de 12 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 106 habitantes (48 homes e 58 mulleres).
Topónimo
O máis probable é que as tumbas antropomorfas desen o nome a toda a parroquia. Etimoloxicamente, o topónimo Fornas pode derivar da palabra latina "furnus" (concavidade ou forno).
Patrimonio
Igrexa de San Cristovo de Fornas, da segunda metade do século XII, con numerosas reformas posteriores.
Cruceiro de Fornas ou Ansoar.
Tumbas antropomorfas escavadas en pedra.
Lugares de Fornas
Ansoar, Fornas de Abaixo, Fornas de Arriba, Sobreira de Abaixo, Sobreira de Arriba
Comarca de Chantada
A comarca de Chantada, coñecida historicamente como Terra de Asma, é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Chantada.
Pertencen a ela os concellos de Carballedo, Chantada e Taboada.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901