lunes, 5 de junio de 2023

ALDEA ABANDONADA DE NOGUEIRAS - PUMARES - CARBALLEDA DE VALDEORRAS

 ALDEA ABANDONADA DE NOGUEIRAS

PUMARES

CARBALLEDA DE VALDEORRAS

 Nogueiras
     Nogueiras​ e un lugar situado na parroquia de Pumares, no municipio de Carballeda de Valdeorras, na provincia de Ourense.

Pumares
      San Martiño de Pumares é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Carballeda de Valdeorras. 

    Segundo o IGE en 2014 tiña 63 habitantes (34 homes e 29 mulleres), dous máis ca en 2004 (33 mulleres e 28 homes) e cinco menos ca en 1999.

     Ten dúas entidades de poboación, nesta parroquia está a estación de Pumares.

Xentilicio
    O seu xentilicio é pumarego.

Lugares de Pumares

    Nogueiras, Pumares

Carballeda de Valdeorras
     Carballeda de Valdeorras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. 

     Segundo o IGE en 2015 tiña 1698 habitantes (1870 en 2009, 2155 en 2003). O seu xentilicio  é carballedego ou valdeorrés

Localización
    Carballeda de Valdeorras sitúase no extremo oriental de Galiza. Limita ao norte con Rubiá, ao sur coa Veiga, ao leste con Encinedo e Benuza (provincia de León) e ao oeste co Barco de Valdeorras.

     Polo extremo norte pasa o río Sil, aínda que ten máis relevancia o Casoio, que transcorre todo el polo municipio. 

     Estes e outros ríos transcorren nos vales da Serra do Eixe, que ten as súas maiores alturas no sul: Macizo de Pena Trevinca (Trevinca Sur 2127 m; 2119 m en Pena Negra, Pena Survía 2095 m., a Serra do Eixe (1500 m) e os Vales do Casaio (1773 m).

     Os montes son de lousas e xistos, e a extracción en canteiras é a principal actividade económica do concello.

      Polo municipio transcorren o trazado da antiga N-120, que une Galiza coa meseta, e o camiño de ferro de Palencia á Coruña.

 Parroquias de Carballeda de Valdeorras    
   
  Candeda (San Bernabeu), Carballeda (San Vicenzo), Casaio (Santa María), Casoio (San Xulián), Domiz (San Bernabeu), Lardeira (San Tirso), A Portela do Trigal (Santa Ana), Pumares (San Martiño), Pusmazán (San Mateo), Riodolas (Santa María), Robledo (Santa María), San Xusto (San Xusto), Santa Cruz (Santa Cruz), Sobradelo (Santa María), Soutadoiro (Santa Isabel), Vila (Santa María Madanela) Viladequinta (San Pedro)

Comarca de Valdeorras
     A comarca de Valdeorras é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Barco de Valdeorras. Pertencen á comarca os concellos de O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras.

      En total abrangue 968,90 km², e caracterízase pola súa elevación pois nela está o maior cumio de Galicia, a Pena Trevinca (2127 m). O seu xentilicio é valdeorrés/valdeorresa.

Xeografía
     O río Sil conforma a comarca en tres áreas, o propio val e as serras que se sitúan ao seu norte e sur. O val do Sil contén numerosos sedimentos terciarios, nas serras do sur, Serra do Eixe, Serra Calva e Serra Segundeira atópanse as maiores altitudes de Galicia, dominando os relevos abruptos con abondosas formas periglaciais. 

      O relevo montañoso do norte fórmano a Serra de Cereixedo, Serra dos Cabalos e Serra da Enciña da Lastra. O sistema fluvial da comarca céntrase no Sil, que é o principal curso de auga e todos os outros ríos son afluentes del.

     Os tributarios da dereita son ríos curtos, xa que os cumios están próximos ao val, destacando o río Éntoma, e o Leira, os tributarios da esquerda son máis longos, destaca entre eles o Casaio. 

     O clima da comarca é oceánico de montaña nas áreas máis elevadas e oceánico de matiz mediterráneo no Val do Sil.

     Valdeorras conta con espazos protexidos, o parque natural da Serra da Enciña da Lastra, o Macizo Central e o Pena Trevinca. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901