martes, 4 de abril de 2023

PONTE DE MATAMÁ - MATAMÁ - RÍO TÁMEGA - LAZA

PONTE DE MATAMÁ

MATAMÁ

RÍO TÁMEGA

LAZA


Matamá

      Santa María de Matamá é unha parroquia do concello ourensán de Laza na comarca de Verín. 

     Segundo o IGE en 2010 tiña 170 habitantes (82 homes e 88 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 191 habitantes.

     O río Támega ao seu paso por Matamá, era unha das veiras máis salientábeis do val de Laza, onde xeracións enteiras de veciños foron á bañarse. 

     Foi substituída no ano 2003 por unha escollera. O río crúzao unha ponte con bases románicas.

 
 Topónimo

     O topónimo Matamá é un fitónimo derivado de MATTA (de orixe prerromana) MALA (de orixe latina), referido a un terreo de pouca calidade ou difícil de traballar.


Lugares de Matamá

      Matamá

Río Támega

      O río Támega (Tâmega en portugués), é un curso fluvial que nace en Galiza, e percorre parte do norte de Portugal, ata desembocar no río Douro, logo dun percorrido de 145 km.

     É o único río principal galego, xunto cos seus afluentes, que pertence á Confederación hidrográfica do río Douro.

Percorrido
    O Támega nace na serra de San Mamede, no Alto de Talariño a 960 m de altura, preto da parroquia da Alberguería, no concello ourensán de Laza. Atravesa logo o val de Monterrei ata entrar por Chaves en Portugal.

     Desde alí cruza o resto do distrito de Vila Real, formando linde entre este e o de Braga, para finalmente entrar no de Porto, onde rende as súas augas ao Douro na localidade de Entre-os-Rios.

     Entre as localidades máis importantes que atravesa están Laza, Castrelo do Val, Verín e Oímbra en Galiza, e mais Chaves e Amarante no norte portugués. O seu afluente máis salientábel en terras galegas é o río Búbal, que o é pola dereita.

Protección
      A cunca e ribeiras galegas do río Támega teñen a cualificación de zona especial de conservación e que se denomina río Támega.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901