CASTELO DE PEDRAZA
PEDRAZA
SEGOVIA
O castelo de Pedraza foi construído no s. XIII sobre os restos de fortificacións anteriores, de orixe romana e árabe.
Foi reedificado no s. XV pola familia dos Herrera, época da que data a torre da homenaxe.
No s. XVI o castelo pertencerá aos Fernández de Velasco, duques de Frías e Condestables de Castela, quen o reformará outorgando á fortaleza o aspecto e estrutura que conserva nos nosos días.
Situado nunha zona defensiva clave, no borde do cerro no que se asenta localidade, o edificio queda rodeado por un precipicio e un foso.
No seu exterior destaca a torre da homenaxe situada tras unha muralla con torreóns circulares, o muro con cañoneras, a porta de álamo negro con picos de ferro e o escudo do Señorío de Velasco na fachada.
No seu interior pódense contemplar arquerías románicas de medio punto comunicando os patios e, na escaleira que conduce ao alxibe, o escudo dos Herrera.
O castelo foi escenario de lendas e testemuña de momentos históricos como a prisión dos fillos do rei Francisco I de Francia que foron entregados como reféns para asegurar o cumprimento do pactado co rei Carlos I no Tratado de Madrid, sendo liberados en 1530.
Unha das lendas do castelo narra que sendo señor do castelo o nobre Sancho de Ridaura casou con Elvira, unha plebella de gran beleza, namorada de Roberto, un mozo labrador que desconsolado tras a voda ingresou nun convento. Pasados os anos, tras a morte do capelán do castelo, o antigo labrador e amante da señora ocupou o seu posto.
Durante unha ausencia do nobre, chamado por Alfonso VIII para participar na defensa de Castela da invasión dos almohades, os mozos amantes recobraron o seu amor. Á súa volta, don Sancho foi informado da infidelidade da súa esposa castigando ao párroco mandando colocarlle unha coroa de púas arroibadas ao lume, falecendo no momento.
Dona Elvira esposa escapou os seus aposentos, cravouse unha daga no corazón e incendiou a torre. Contan que algunhas noites de verán vese pasear os amantes baixo unha aureola de lume.
No ano 1926 o pintor Ignacio Zuloaga comprou o castelo nun estado ruinoso e tras arranxar unha das súas torres montou nela o seu taller. Foron os seus herdeiros quenes rehabilitaron unha segunda torre instalando nela o Museo Ignacio Zuloaga, nel poden contemplarse obras do artista así xunto bodegóns flamencos do s. XVII, un Cristo do Greco e mesmo un cadro de Goya no que retrata á condesa de Baena.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901