MONASTERIO DE SAN MIGUEL
XAGOAZA
O BARCO DA VALDEORRAS 
 Mosteiro de San Miguel de Xagoaza
     No mosteiro de Xagoaza pódese atopar unha atmosfera moi tranquila, silenciosa e con moito encanto.  
      A igrexa de San Miguel do século XII e a edificación do mosteiro do século XVIII.
Descrición
     A igrexa de San Miguel, de orixe románico,  pertencente na súa época á Ordende San Xoán de Xerusalén. 
     O Mosteiro de construción posterior está realizado en pedra ao redor dun claustro interior rectangular. Actualmente rehabilitado, alberga unha moderna adega de viños e augardentes da zona, cuios viñedos están situados na contorna do conxunto.
     No seu interior acondicionáronse no piso superior unha serie de salas para desenvolver diversos actos culturais: exposicións, ciclos de conferencias, etc.
     A contorna de bosque autóctono que rodea este espazo, os viñedos, ademais de fermosos e plácidos están extremadamente coidados. 
Xagoaza
      San Miguel de Xagoaza é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Barco de Valdeorras.  
     Segundo o IGE en 2011 tiña 64 habitantes (36 homes e 28 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 86 habitantes.
Lugares de Xagoaza
      Xagoaza 
Comarca de Valdeorras
     A comarca de Valdeorras é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Barco de Valdeorras. 
Pertencen á comarca os concellos de O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras.
     En total abrangue 968,90 km², e caracterízase pola súa elevación pois nela está o maior cumio de Galicia, a Pena Trevinca (2127 m). 
MAPA
 Fotos: C.P.C
XOAN ARCO DA VELLA 













No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901