CAPELA DE SANTA HELENA
BIEITE
LEIRO
Bieite
Santo Adrao de Bieite é unha parroquia do concello de Leiro, na provincia de Ourense.
No ano 2007 tiña 123 habitantes, deles 54 eran homes e 69 eran mulleres, isto supón un aumento de habitantes en relación ao ano 2002.
Patrimonio
A igrexa parroquial é barroca, do século XVIII, con retablos desta época e custodia do renacemento. A sancristía está abovedada e posúe retablo rococó presidido por un Cristo.
O monumento máis representativo é o Calvario, situado a 50 m da igrexa, da que parte un Via crucis delimitado por un pequeno muro, que chega ata aquel.
No centro do recinto están os tres cruceiros cunha mesa de ofrendas. Os cruceiros son sinxelos, sen imaxes nos crucifixos, alzados sobre un baseamento común, duns 3 x 1,2 m de base e 0,5 de altura, cuns chanzos de acceso. A cruz central, a de maior tamaño.
Os tres cruceiros son distintos entre eles, de bastante antigüidade pero posiblemente feitos en diferentes momentos. Posiblemente o Calvario foi construído recuperando materiais procedentes doutros lugares.
Lugares de Bieite
Barzamedelle, Bieite
Comarca do Ribeiro
A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.
A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.
Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira.
Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901