IGREXA DE SAN FAGUNDO
SAN FAGUNDO
CEA
San Fagundo
      San Fagundo é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.  
     Segundo o IGE en 2013 tiña 98 habitantes, deles 41 eran homes e 57 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 158 habitantes.
Lugares de San Fagundo    
     Ariz, As Fontaíñas, San Fagundo 
San Cristovo de Cea
    San Cristovo de Cea é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.418 habitantes. O seu xentilicio  é «ceés».
Xeografía
     O concello, de 93,9 km², abrangue 13 parroquias.  
      Limita ao norte con Rodeiro (provincia de Pontevedra) e Carballedo (provincia de Lugo), ao sur con Maside, ao leste con Vilamarín e ao oeste con Amoeiro, Piñor e O Carballiño, do que o separa o río Arenteiro.
       O nordeste do concello é unha zona montañosa, rama sur da serra do Faro, cos picos da Martiñá (1.039 m) e Alledo (1.011 m). O municipio está atravesado polos ríos Mirela e Oseira (afluentes do Arenteiro) e polo río Barbantiños. Outros cursos menores son o Búbal, Silvaboa, Benito, O Texo ou o Ricovelo. A zona ten clima oceánico temperado nos vales e oceánico de montañas nas zonas altas.
     O termo municipal está comunicado a través da estrada N-525 e da AG-53.
Historia
     Consérvanse restos megalíticos (mámoas) e os poboados castrexos da Martiñá, Covas e San Fagundo.
      En 1137 foi fundado pola orde de San Bieito o mosteiro de Oseira, pertencente dende 1141 á orde do Císter. A partir do século XII e durante o antigo réxime o mosteiro de Oseira exerceu a xurisdición sobre a zona, tendo o seu abade o título de Conde de Cea.  
     As parroquias de Mandrás e Vilaseco pertencían á xurisdición de Xosé Temes, e a parroquia de Castrelo pertencía ao Condado de Ribadavia.
Patrimonio
     Amais do mencionado mosteiro de Oseira, entre o patrimonio de San Cristovo de Cea destaca a igrexa parroquial de San Fagundo, de arquitectura románica.
Patrimonio cultural
     No concello está o Museo Etnográfico de Liste. 
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA 
 














No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901