sábado, 14 de mayo de 2022

CAPELA DE SAN ISIDRO - CORVELLE - BANDE

 CAPELA DE SAN ISIDRO

CORVELLE

BANDE


Corvelle
     A parroquia de Santa María de Corvelle é a segunda máis ampla en extensión dentro do termo municipal de Bande. Componse das poboacións de Pereira e Corvelle. En 2011 tiña 164 habitantes (87 homes e 77 mulleres).

      Pereira atópase a 810 metros de altitude e Corvelle a 930 metros. Pereira acolle como patroa a Santa María Magdalena, que ten unha fermosa capela no centro da aldea.

     Pereira conserva o forno tradicional de cocer pan no centro da aldea, numerosas fontes e ruta de sendeirismo ata Castro Laboreiro, así como a pesca da troita do río Cadós que se estende dende a Ponte Pereira ata o encoro das Conchas.

Xeografía
     O río Cadós nace no monte comunal da aldea de Corvelle, transcorre á beira de propiedades privadas de veciños de Pereira así como por parte de monte comunal (como testemuñan antigos escritos que se atopan en propiedade e poder da pedanía e comunidade de veciños da aldea xa citada); o río Cadós segue o seu transcurso pola ponte Pereira, chamada así a zona onde se sitúa o límite superior do coto de pesca do río Cadós, segue o río por Cadós e Buxán, ata morrer no encoro das Conchas.

Festas
      Pereira celebra as súas festas a primeira semana de agosto ó pé da capela de Santa María Magdalena e da casa do pobo.

     Ademais Pereira ten San Antón e Santa Bárbara como patróns (consérvase a festa de santa Bárbara na ponte da Constitución). Tamén é sede da Festa do pan da Baixa Lima que se celebra no seu forno comunal

      Corvelle celebra as súas festas de Santa María (patroa da parroquia) os días 15 e 16 de agosto así como as de San Isidro (15 de maio) e Santo Antón (primeiros de febreiro).

Lugares de Corvelle
     Corvelle, Pereira

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901