MUIÑO DO REGO DE SAN XOSÉ
FILGUEIRA
CRECENTE
Filgueira
San Pedro de Filgueira (do latín filicariam plural de filicem, 'fento ou fieito' e sufixo abundancial ariam) é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Crecente na comarca da Paradanta.
Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 193 habitantes (91 homes e 102 mulleres), distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 261 habitantes.
A parroquia está ás beiras do río Miño e preto do encoro da Frieira. Pódense atopar muíños e tamén unha fermosa capela na honra de San Xosé.
Tamén hai un miradoiro dende o cal se pode ver toda a parroquia e o río Miño. En Filgueira existe unha das mellores vereas do concello.
Historia e patrimonio
Durante a romanización de Galicia construíuse unha calzada, e a conexión a través do río Miño facíase posteriormente coa barca de Filgueira.
A igrexa de San Pedro de Filgueira é do século XVIII con fachada neoclásica, os cruceiros son da mesma época (o do atrio é de influencia portuguesa).
Consérvanse varias pontes e muíños sobre pequenos ríos que baixan do monte Chan de Moeiras, entre os que destaca a ponte de San Xosé (sobre un regato do mesmo nome) cunha capela vella en fronte da ponte.
A finais do século XIX chegou o ferrocarril e fórmase o barrio de Filgueira estación, un lugar moi concorrido xa que desde alí se cruzaba o Miño cara a Celanova e o balneario de Cortegada de Baños e se comerciaba, sendo moi importante o tráfico de madeira.
Durante séculos funcionou como lugar de paso do Miño un posto de barcas entre ambas as dúas beiras e que ocasionou preitos entre o mosteiro de Celanova e unha familia nobre polas ganancias de dita barca, que funcionou dende a idade media ata principios do século XX, cando se construíu a ponte vella de Cortegada-Filgueira. O esmorecemento do lugar continúa coa emigración durante a segunda metade do século XX, cando se construíu o encoro de Frieira.
Lugares de Filgueira
O Agro, A Aldea, Os Baróns, A Calzada, Cañoto, Os Carballás, A Carreira, Casares, Os Casás, O Ceo, A Choca, O Coiñedo, A Costa, A Devesa, A Ermida, Guillade, Os Martingos, O Outeiro, O Pazo, A Pousa, As Quintas, A Raxeira, O Rego, O Reguengo, O Rial, A Riba, A Rochela, O Romano, O Sifón, O Souto, O Surreiro, As Tabernas, A Ucha, A Viña
Comarca da Paradanta
A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente.
Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado.
Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901