lunes, 6 de diciembre de 2021

IGREXA DE SAN XUSTO DE REPOSTERÍA - REPOSTERÍA - PALAS DE REI

 IGREXA DE SAN XUSTO DE REPOSTERÍA

REPOSTERÍA

PALAS DE REI

 San Xusto da Repostería
      San Xusto da Repostería é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. 

     No ano 2007 tiña 31 habitantes, (12 homes e 19 mulleres), os mesmos ca no ano anterior.

Lugares de San Xusto da Repostería
      Outeiro, Pulleiro, San Domingos, San Xusto, Vilafofe

Palas de Rei
      Palas de Rei é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Ulloa. 

     Segundo o IGE en 2014 tiña 3.601 habitantes. O seu xentilicio é «palense».

     O lugar aparece mencionado nun documento de 1153 como pallatium Regis. Con todo, podería non derivar de pazo senón do topónimo Palas, referido a covas de lugares calizos.

Historia
     No concello consérvanse restos prehistóricos, como mámoas, dolmens e castros. Trala romanización, o lugar estaba atravesado por unha vía romana cara a Lugo. No século VI pertencía ao condado de Ulliensis.

      Na Idade Media o camiño de Santiago trouxo, amais do estilo románico, a prosperidade á vila, que aparece citada no Códice Calixtino. Na parroquia de Vilar de Donas está a Igrexa románica de Vilar de Donas, de orixe monástica. A fundación do mosteiro atribúeo a tradición a unhas donas (representadas nas pinturas góticas da capela maior), co que se explicaría o topónimo. En realidade, o seu fundador foi Arias Pérez de Monterroso, a mediados do século XII.

     Consérvanse restos de fortalezas, torres, castelos, pazos e casas brasonadas, como a casa-torre de Filgueira, a casa-torre de Fontecuberta; o Pazo de Laia (que conserva o escudo de armas dos condes de Traba, antecesores do fundador de Pambre), a casa de Ulloa (cos escudos dos Saavedra, Montenegro, Gaioso e Deza), o pazo Mariñao, a fortaleza do Castro de Seixas (en Merlán, de onde procede a liñaxe dos Vázquez de Seixas), o pazo de Pacheco e o castelo de Pambre, erguido por Gonzalo Ozores de Ulloa cara a 1375,unha das fortalezas mellor conservadas de Galicia, que resistiu a Gran Guerra Irmandiña en 1467.


      Na segunda guerra carlista Palas de Rei foi un dos poucos concellos nos que triunfou a sublevación en 1846, constituíndose unha Xunta Revolucionaria.

     O mesmo que noutros moitos lugares de Galicia, no 1936 en Palas tamén tiveron lugar asasinatos, como o de Camilo Díaz Baliño.

Comunicacións
     A vila de Palas de Rei está atravesada pola vía francesa do Camiño de Santiago. Amais, atravésaa a estrada N-547, que comunica cara ao oeste con Santiago de Compostela, Melide e Arzúa, e cara ao leste coa estrada N-540, que leva cara a Lugo e Ourense.


Parroquias de Palas de Rei    
     Albá (Santiago), Ambreixo (San Vicenzo), Augas Santas (San Xurxo), Berbetouros (San Miguel), Cabana (Santiago), O Carballal (San Sebastián), Carteire (Santa María), Coence (San Mamede), Covelo (San Xoán), Cuíña (Santa María), Curbián (San Martiño), Felpós (San Tomé), Ferreira de Negral (San Martiño), Filgueira (San Tomé), Fontecuberta (Santa Mariña), Laia (San Xoán), Lestedo (Santiago), Maceda (San Miguel), Marzá (Santa María), O Mato (San Xoán), Meixide (San Pedro), Merlán (San Salvador), Moredo (San Fiz), Mosteiro de Devesa (Santiago), Orosa (Santo André), Palas de Rei (San Tirso), Pambre (San Pedro), Pidre (Santa María), A Puxeda (Santa María), Quindimil (San Miguel), Ramil (San Martiño), Remonde (San Miguel), Ribeira (San Salvador), Salaia (San Pedro), San Breixo (Santa María), San Cibrao da Repostería (San Cibrao), San Mamede do Carballal (San Mamede), San Miguel de Coence (San Miguel), San Xiao do Camiño (San Xiao), San Xusto da Repostería (San Xusto), Ulloa (San Vicente), Vilar de Donas (San Salvador), Vilareda (San Pedro) 

Comarca da Ulloa
     A comarca da Ulloa é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Monterroso. 

      A esta comarca pertencen os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei. 

     No ano 2020 tiña 8.879 habitantes, 4.430 homes e 4.449 mulleres. 

     O seu nome procede do río Ulla, que nace na comarca. 

MAPA 

 

 XOAN ARCO DA VELLA

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901