viernes, 8 de octubre de 2021

MUIÑO DE PIEPITO - RÍO ARNOIA - PONTE AMBÍA - BAÑOS DE MOLGAS

 MUIÑO DE PIEPITO

RÍO ARNOIA

PONTE AMBÍA

BAÑOS DE MOLGAS

  Río Arnoia
     O río Arnoia é un afluente do Miño pola banda esquerda.

A súa lonxitude é de 84,5 quilómetros, o que o converte no río máis longo da provincia de Ourense.

    Un seu homónimo é o portugués río Arnoia, de feito o nome de Arnoia é un hidronímico común en Europa, en linguas prerromanas.

Toponimia
     Coa mesma raíz ca o río Arnego, procede dunha raíz hidronímica celto-indoeuropea er-, or- co significado de excitar, pór en movemento.

 Fontes
     Nace no concello de Vilar de Barrio, a partir da confluencia de varios regos da serra de San Mamede.

Percorrido
      Baña os concellos de Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Allariz, A Merca e Celanova.

     Logo segue marcando o límite entre os concellos de Ramirás e Gomesende (no norte) e Cartelle e Cortegada (no sur) a través dun canón que antes de chegar ó concello da Arnoia forma un canón cunha pendente de 300 metros durante sete quilómetros, entre penedías e fragas.

     Finalmente, chega ao concello da Arnoia onde desemboca no Río Miño no lugar de Portocarreiro fronte a un pequeno illote granítico.


      No concello da Arnoia o río conforma dous vales unidos, o val de San Vicente (O Rial, O Outeiro, Remuiño, O Pomar, A Ponte, Carnós) e o val de San Amaro (Os Chaos, A Laxa, Quinteiros, A Paixón, Bacelo e Outeiro Cruz).

Afluentes
     Os principais tributarios do Arnoia son o Maceda, o Ambía e o Ourille e outros pequenos regatos ao longo do camiño.

Ponte Ambía
      Santa María de Ponte Ambía é unha parroquia do concello ourensán de Baños de Molgas na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 85 habitantes (41 homes e 44 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 27 habitantes en relación ao ano 2000.

Lugares de Ponte Ambía
     Cachagonza, Marzás, O Pazo, Ponte Ambía de Abaixo, Ponte Ambía de Arriba, Pumares, Vilar


Comarca de Allariz
     A comarca de Allariz - Maceda é unha comarca galega situada na provincia de Ourense linda ao leste coa comarca de Ourense, ao oeste coa comarca da Terra de Caldelas, ao sur coa comarca da Limia e ao sueste coa comarca da Terra de Celanova. A súa capital é Allariz.

     Pertencen á comarca de Allariz - Maceda os seguintes concellos: Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901