IGREXA DE SANTA MARÍA
AIREXE
CASTELO
TABOADA
Castelo
Santa María de Castelo é unha parroquia do concello de Taboada na comarca de Chantada, na provincia de Lugo.
Segundo o IGE en 2014 tiña 89 habitantes (52 mulleres e 37 homes), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 143 habitantes.
Xeografía
A parroquia ocupa o espazo centro-sur do concello. Limita ao norte con Carballo, ao leste con San Salvador de Ínsua e San Xián de Ínsua, ao sur con Sobrecedo e Vilela e o oeste con Campo.
O río Toldao atravésaa polo norte (marcando o seu linde nalgúns puntos) e vai desembocar no encoro de Belesar.
Consta de sete lugares:
Frameán, Perrelos, Faquiós, Airexe, Castelo, Ider e Covas.
Predominan os bosques autóctonos de carballo e castiñeiro e os pastos. Na parte oriental a paisaxe é de ribeira.
Historia
Da época prerromana consérvase o castro de Castelo, onde cada 7 de setembro se celebra a Queima das Fachas, declarada Festa de interese turístico de Galicia, e que abre as festas parroquiais.
Da época romana consérvase un sartego ou furna antropomórfica preto do lugar de Frameán. A súa función semella ser máis como monumento funerario que como sepulcro. Similar a esta atópase unha en Fornas, no concello de Chantada.
Tamén no lugar de Covas tense constancia dunha explotación de prata da que dan conta uns regos da leira e a denominación nalgún catastro da concentración parcelaria de Monte da Prata para un lugar próximo. Hai tamén unha fonte presumibelmente de orixe romana.
Do período suevo-visigótico dá conta a toponimia: Faquiós e Frameán. No Testamento Odoariano, do ano 747, aparece por primeira vez o nome de Castelo, relacionado co citado castro.
Da época románica dá conta a igrexa parroquial, no lugar de Airexe, da segunda metade do século XII e con algunhas modificacións posteriores.
No lugar de Covas existe constancia de presenza humana durante a Idade Media: unha ponte sobre o Toldao anterior ao século XVI, cunha cruz do XVIII; durante a Idade Moderna, a capela. Estivo habitado por freires que traballaban as terras en réxime de autosuficiencia e cobraban o décimo de terras circundantes.
Tamén o carlismo estivo presente na parroquia, se ben de maneira residual como no resto de Galiza. Deste período da Historia dá conta o Carballo dos Cartos, que segundo a lenda albergaba o tesouro dun carlista exiliado, que foi colocado no lugar de Airexe.
Lugares de Castelo
Airexe, Castelo, Covas, Faquiós, Frameán, Ider, Perrelos
Comarca de Chantada
A comarca de Chantada, coñecida historicamente como Terra de Asma, é unha comarca galega situada na provincia de Lugo a capital é Chantada.
Pertencen a ela os concellos de Carballedo, Chantada e Taboada.
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901