PETRÓGLIFO PEDRA DAS FERRADURAS
FENTÁNS
SAN XURXO DE SACOS
CERDEDO COTOBADE
Gravados rupestres de Fentáns
O concello de Cerdedo-Cotobade alberga numerosos gravados rupestres.
Os máis significativos están localizados na parroquia de San Xurxo de Sacos, sendo especialmente importante o Conxunto de Gravados rupestres de Fentáns, que acolle preto de 300 gravados.
Tres rochas destacan sobre o resto: a Pedra das Ferraduras, a Laxe dos Cebros eo Couto do Rapadoiro.
A Pedra das Ferraduras:
Na parte superior desa rocha represéntase un dos mellores exemplos de pegadas de cérvidos e bóvidos que se conservan, que parecen camiñar deica unha combinación de círculos concéntricos.
A parte sur está dominada por unha escena de caza ou acoso, constituída por sete figuras antropomorfas reducidas á mínima expresión que portan armas e rodean aos cervos. A rocha contempla ademais tres deseños dos denominados ídolos-cilindros.
San Xurxo de Sacos
San Xurxo de Sacos está situada no centro do Concello de Cerdedo-Cotobade e limita con Campo Lameiro.
Está dividida en dez entidades de poboación:
Barbeitos, Calva da Viña, Cuspedriños, Cutián, Fentáns, Fontán, Lombo do Muíño, A Longa, O Outeiro, e San Xurxo, e conta con 519 habitantes (segundo o INE de 2015).
Fentáns
Fentáns é un lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.
Segundo o IGE, en 2015 tiña 67 habitantes (33 homes e 34 mulleres), o que supón un descenso de 6 persoas respecto ó ano 2006.
Características
É a única parte do concello na beira dereita do río Lérez.
Para chegar alí antigamente cruzábase pola ponte de San Xurxo, do século XVIII, pero no ano 2002 fíxose unha nova pola que pode pasar o tráfico rodado.
Neste lugar está a capela da Nosa Señora de Lixó e a Virxe dos Remedios, a carón dun peto de ánimas e do cruceiro de Lixó.
Pero o lugar destaca especialmente polo alto número de restos arqueolóxicos. Entre todos eles destaca a Pedra das Ferraduras, pero tamén están o petróglifo do Outeiro do Morcego (5 grupos), o do Coto da Braña, o do Outeiro da Besta, a Laxe dos Cervos, a Chan do Rapadoiro, o Coto do Rapadoiro, a do Camiño da Balboa, e os petróglifos de Lixó.
Son da Idade de bronce, con inscricións de cazoletas, de figuras circulares e zoomórficas (de cervos).
MAPA
SÍGUENOS:
Fuente: Concello de Cerdedo Cotobade
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901