domingo, 2 de mayo de 2021

MUIÑO DE VENTO DE FAMELGA - AGUSANTAS - CERDEDO COTOBADE

 MUIÑO DE VENTO DE FAMELGA

FAMELGA

AGUASANTAS

CERDEDO COTOBADE

 Famelga
     Famelga é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.


     Segundo o IGE en 2010 tiña 60 habitantes (25 homes e 35 mulleres), 6 máis ca en 2007.

     Neste lugar atópase a capela de San Bartolomeu e Santa Lucía, preto dun cruceiro de 1991. 

     Tamén está o peto de ánimas de Famelga, de 1825, e o Coto do Castro, un poboado castrexo da idade de ferro.

     O topónimo fai referencia a un lugar de fame (do latín [villa] famellica).


Aguasantas
     Santa María de Aguasantas é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade.


     Segundo o IGE no 2010 tiña 326 habitantes (130 homes e 196 mulleres), 26 menos ca en 2007.


     Dos 28 lugares da parroquia, 15 están habitados.


Patrimonio
     A parroquia católica pertence ó arciprestado de Cotobade, da arquidiocese de Santiago de Compostela. A igrexa parroquial é punto de romaría, con culto á Nosa Señora. Posiblemente o primeiro templo fose románico.


     No século XVI comezouse un novo edificio, rematado no XVII. Antigamente celebrábase unha romaría o 8 de setembro.


     Conta a tradición, recollida polo padre Solla, que na Idade Media a única igrexa da zona era a da parroquia de Caroi. Un domingo unha cega do lugar das Boliñas ía a misa acompañada dun familiar, e ó pasar a carón dunha fonte, ó pé da casa, lavouse. Ó pasar a auga polos ollos recuperou a vista, e tralo milagre, impulsada por un presentimento, atopou unha imaxe da Virxe entre a maleza. Logo de correrse a voz, os frades do mosteiro de Tenorio promoveron a construción dun novo templo, comprometéndose a ir dar a misa.

     Nesta parroquia, no lugar da Pena, naceu o escultor Xosé Cerviño García (1843-1922, autor do cruceiro do Hío) e mais o pai franciscano Andrés Solla García.


Lugares de Aguasantas
      Agualta, O Barazal, As Boliñas, Calvelle, O Campo, O Campodanta, A Casa Grande,   Casal, O Castro, Ceraxe, O Coto, A Coutada, A Coviña, O Cristil, Famelga, O Fental, A Godela, O Igrexario, Martín, A Pena, Penelas, Peroselo, A Portela, Portomarín, O Regueiro, Sucastro, Trasdonabal, O Trebello 

VIDEO

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901