MUIÑO DE SANTARANDÁN
CAEIRO
RÍO RONS
CERPONZÓNS
Río Rons
O Rons é un río que discorre polo concello de Pontevedra e desauga no río Lérez no seu treito final na Xunqueira de Alba, na parte norte da cidade de Pontevedra.
A foz no río Lérez localízase na zona das Correntes, así chamada porque neste punto xúntanse as correntes dos ríos Rons e Lérez e mailas augas da ría de Pontevedra
Percorrido
A lonxitude do río Rons é de aproximadamente seis quilómetros.
É o río que forma o encoro da cidade de Pontevedra, o encoro de Pontillón de Castro, situado na parroquia pontevedresa de Verducido.
Nace moi preto do monte Acibal e parte duns poucos metros ao norte do Encoro de Pontillón de Castro até o río Gándara.
Ambos conflúen na parroquia de Alba e xa co nome de Gándara desembocan na maior zona húmida do municipio de Pontevedra: as marismas de Alba, que forman parte do parque da Xunqueira de Alba.
O río pasa por varias parroquias do municipio de Pontevedra, partindo de Verducido e pasando no seu treito alto por Cerponzóns.
Nesta parroquia no lugar de Leborei é cruzado por unha ponte do século XVIII que ten un cruceiro monumental, chamado o cruceiro de Ánimas.
Consérvanse varios muíños no curso do río.
No seu treito baixo pasa pola parroquías de Campañó e de Alba
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901