IGREXA DE SAN PEDRO DE LOSÓN
VILA DE CRUCES
 San Pedro de Losón
       San Pedro de Losón é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. 
      Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 131 habitantes (69 mulleres e 62 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 136 habitantes. 
     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 102 habitantes, sendo 53 homes e 49 mulleres.
Xeografía
      O río Deza separa esta parroquia das de Ponte, coa Ponte do Pozo Negro entre ambas, e Saídres, en Trasdeza. 
      Destaca como elevación o monte do Oucido na parte sur da parroquia, atravesado na actualidade mediante un túnel pola liña de alta velocidade Santiago-Ourense.
Historia
     A súa historia está ligada á das súas parroquias veciñas: Fontao en Vila de Cruces, Losón en Lalín, Ponte e Saídres, estas últimas no concello de Silleda. 
Coa súa homónima lalinense foron frecuentes as disputas e rivalidades no tocante ao Santuario da Nosa Señora do Corpiño, no linde entre ambas.
      Para Saídres e Fontao, esta parroquia foi unha vía de escape para os estraperlistas do volframio. 
      Por último, a unión con Ponte dase dende a Idade Media grazas á construción dunha ponte sobre o río Deza, que as separa e dá nome á primeira. Desta unión queda constancia no topónimo dos terreos próximos a onde esta ponte se erixía.
Lugares de San Pedro de Losón
     A Baiuca, Fervenza, Fonte de Lara, Lamela do Medio, Outeiriño, O Pazo, Penagudín  
MAPA
  
  
  
 
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA 











No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901