OUTEIRO DA MISA
CASAVELLA
SEIXIDO
A LAMA
Outeiro da Misa
O Outeiro da Misa e un conxunto de rochas na parte alta do lugar de Casavella. Foi refuxio da xente que estaba con gando no monte, tamen contan que a laxe superior do conxunto abalava, e o son recordaba unha campá, hoxe en día pudemos comprobar e polos danos que ten xa e imposible que abale.
Seixido
San Bartolomeu de Seixido é unha das parroquias do concello da Lama. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 347 habitantes (182 mulleres e 165 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 374 habitantes.
Lugares de Seixido
Cabalar, O Campo, Carreiro, Casavella, Cendón, A Fentosa, A Gaiola, Pumar, O Seixido
A Lama
A Lama é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2016 tiña 2587 habitantes. Padrón municipal de 2003: 2957 habitantes. O seu xentilicio é lamense.
Xeografía
O concello, de 117,76 km², está situado na serra do Suído, no leste da provincia de Pontevedra, a uns 25 km da capital provincial.
Limita ao norte con Beariz (provincia de Ourense), Forcarei e Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes, ao leste con Avión e con Beariz (ambos os dous na provincia de Ourense) e ao oeste con Ponte Caldelas e con Cerdedo-Cotobade.
Na súa extensión tópanse os seguintes montes de máis de 1000 metros:
O Coto da Puza - Xesta 1035 m
A Portela dos Xarotos - Xesta 1025 m
A Pedra da Letra - Xesta 1019 m
O Coto dos Pusallos - Xesta 1007 m
O Foxo do Lobo - Xesta 1001 m
O Seixo - A Barcia do Seixo 1000 m
Outras elevacións importantes son Santa Mariña (993 metros) ou o Cando (968 metros).
Turismo
A Lama conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 135 "Roteiro da Escuadra".
É unha ruta sendeirista lineal de 7 km, entre o Peso (A Escuadra) e a área recreativa de Santa Mariña, na Serra do Cando.
Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.
Parroquias da Lama
Antas (Santiago), A Barcia do Seixo (Santa Ana), Covelo (San Sebastián), Escuadra (San Lourenzo), Gaxate (San Pedro), A Lama (San Salvador), Seixido (San Bartolomeu), Verducido (San Martiño), Xende (San Paulo) | Xesta (San Bartolomeu)
Nota:
Meu agradecemento a Merce Alegria por invitarme a acompañala....Gracias
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901