lunes, 26 de octubre de 2020

ROMAN RODRIGUEZ - MEDALLA DE OURO DO CAMIÑO PORTUGUÉS - 2020

SR. ROMAN RODRÍGUEZ

 MEDALLA DE OURO DO CAMIÑO PORTUGÉS

AMIGOS E AMIGAS DO CAMIÑO PORTUGUES

PONTEVEDRA

      Este ano 2020 a Asociación de amigos e amigas do Camiño Portugués, acordou por unanimidade conceder a súa medalla de Ouro o Sr. Roman Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, entro os méritos valorados para conceder este galardón esta o apoio os diferentes itinerarios do Camiño de Santiago en especial o Camiño Portugués, así como o apoio a construción da ampliación do albergue de peregrinos de Pontevedra co novo edificio coñecido xa como edificio As Camelias.


       O acto de entrega foi no Liceo Casino de Pontevedra, acto o que asistiu unha ampla representación das institucións pontevedresas como tamén de colectivos sociais e culturais relacionados co camiño en Galicia e Portugal,   úxolle nota musical o gaiteiro Pontevedres Óscar Íbañez.


      O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, o Sr. Roman Rodríguez, agradeceu a concesión de esta distinción, e manifestou que o Camiño non sería o mesmo sen os hospitaleiros e hospitaleiras que poñen cara o camiño e son quen de facer que as dimensións do Camiño esten os altos niveis actuais.


     O conselleiro manifestou tamén  o papel  da Asociación de Amigos do Camiño Portugués, que preside Tino lores, nestes tempos de incertidume, para todos e para o Camiño.



     O conselleiro expresou a súa gratitude  aos membros deste colectivo, cuxo labor a prol da peregrinación xacobea sinalou,  "Sen aliados como vós o Camiño non houbese acadado nunca a dimensión dos últimos anos".

"Sen aliados como vós o Camiño non houbese acadado nunca a dimensión dos últimos anos"

     Neste sentido, o Sr. Román Rodríguez salientou o papel da Asociación de Amigos do Camiño Portugués, co seu presidente, Tino Lores, ao fronte, por un traballo diario que continúa en momentos de incerteza como o actual e as portas do próximo ano Santo, "É importante que sigamos colaborando e tendo presentes os valores propios do Camiño como o diálogo, o entendemento e  cooperación para afrontar o futúro con firmeza e decisión"

"É importante que sigamos colaborando e tendo presentes os valores propios do Camiño como o diálogo, o entendemento e  cooperación para afrontar o futúro con firmeza e decisión"

     O acto que foi presidido por o alcalde de Pontevedra, manifestou os seus parabéns o Conselleiro e a asociación dos amiga e amigos do camiño, o alcalde tamén manifestou o traballo que se está a facer no entorno do Camiño Portugués como o do barrio da "Santiña" e outros que xa están preparando para o futuro, porque entende que o Camiño o seu paso por Pontevedra ten que ser a presentación da cidade, Pontevedra Capital do Camiño Portugués.

     O acto este ano foi un pouco máis reducido en número de asistentes como consecuencia da pandemia, pero aínda asi foi  moi digno, por a miña parte agradecer o convite a este acto o considerarnos como un  espazo no mundo da cultura, e sempre estarmos onde a Asociación e o Camiño nos solicite e no que poidamos axudar. GRAZAS.

VIDEO

VIDEO

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 

XOAN ARCO DA VELLA



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901