PEDRA DA CALAVERA
TABOADELO
PONTE CALDELAS
Da man de meu amigo Fernando Orge fun quen de descubrir moitos recunchos inéditos de esta parroquia de Ponte Caldelas, mil gracias por o tempo que me dedica a min e os seguidores de este sitio.
O tempo foi quen de crear pedras caprichosas o longo de miles de anos, como esta coñecida como pedra da Calavera, polo seu parecido a un ser fantasmagórico, iso que non se pode ver totalmente por a sedimentación de moitos anos..
Foi lugar de xuntanza e xogos de nenos da parroquia, e tamen un lugar rodeado de lendas e contos, como consecuencia de lumes e falta de aproveitamento do monte a zona esta bastante abandonada e o lugar que foi un mirador de Val do Río Verdugo totalmente tapado por a maleza.
Taboadelo
Santiago de Taboadelo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas.
Segundo o IGE no 2017 tiña 204 habitantes (110 homes e 94 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto ós padróns anteriores.
Historia
No libro Manuel Murguía, de Vicente Risco, menciona que en Taboadelo aínda se celebraba "A xunta dos homes".
Trátase dunha asemblea rural con cargos vitalicios (repúblicos, todos os homes casados da parroquia) e electos cada ano (mordomo, elixido cada 1 de xaneiro).
Festas
Desde o ano 2004 celébrase na parroquia a Festa do Muíño, á beira do río Verdugo. Desde a restauración do muíño de Abaixo, por parte da Asociación de Veciños O Carballo, a penúltima fin de semana de xuño prográmanse degustacións gastronómicas e actos lúdicos e musicais, con zona de acampada.
Lugares de Taboadelo
Taboadelo, Verdugo
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901