miércoles, 16 de septiembre de 2020

PETRÓGLIFO PEDRA DAS PROCESIÓNS - MONTE GALIÑEIRO - VINCIOS - GONDOMAR

PETRÓGLIFO PEDRA DAS PROCESIÓNS
MONTE GALIÑEIRO
VINCIOS
GONDOMAR

 

Petróglifo Pedra das Procesións
     O panel de Pedra das Procesións está instalado nunha gran laxe duns 3 metros de altura e máis de 15 metros de lonxitude na base, o seu perfil é alombado, en forma de triángulo escaleno. 



     Os motivos gravados son un conxunto de armas pertencentes ó Bronce Inicial. 


     É posible observar uns 12 puñais ou espadas curtas, unha gran espada de 2, 40 metros de longo , unhas 7 alabardas, 9 figuras coñecidas como “escutiformes” e na parte superior unha figura cuadrangular alongada semellante ás estatuas menhir.


Monte Galiñeiro
     O monte Galiñeiro sitúase entre os concellos pontevedreses de Vigo e Gondomar, con cumio na parroquia gondomareña de Vincios a unha altura de 711 metros. Intégrase na serra do Galiñeiro, da cal tamén forma parte o parque natural do Monte Aloia.




     O segundo domingo de xullo acolle o curro do Galiñeiro ou de Vincios, no lugar de Auga da Laxe.


Etimoloxía
     O topónimo "Galiñeiro", habitual na Galiza, podería provir do termo celta *kal(l)- (de onde tamén provén Gallaecia, termo que evolucionou ás actuais Galiza/Galicia), co sentido de "rocha", "con", "penedo".



Xeoloxía
     A orixe do monte remóntase á oroxénese alpina acontecida durante o Cenozoico, no período Terciario. A ladeira norte do monte, correspondente á parroquia viguesa de Zamáns é rica en gneis, formando parte do complexo ofiolítico denominado Complexo de Malpica-Tui. 



     Tamén son numerosas as intercalacións de anfibolitas, verdes e escuras, adoitando aparecer os gneis sulcados de filóns de seixo con abundante magnetita.


     Os lados sur e oeste compoñen o chamado contacto sur do gneis Galiñeiro, formado por rochas compostas por seixo, moscovita e turmalina negra e, na zona máis alta deste contacto, por xistos con mica e turmalina, ademais dunha potente pegmatita explotada antigamente para a extracción do feldespato.


Arqueoloxía
     Gran parte da sona do monte débese ao complexo arqueolóxico dos petróglifos de Auga da Laxe. 



     Trátase dunhas representacións de máis de 25 armas, entre as que atopamos espadas curtas, puñais e alabardas, datadas no Calcolítico (entre o III e o II milenio a. C.). 

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901