AS XESTAS EN MAIO
Este costume tan estendida, ten como obxecto protexer ás persoas, ao gando e ás propiedades contra calquera maleficio, especialmente o mal de ollo, ao longo do ano.
Pero tamén é a flor dos namorados, que os mozos entregaban ás raparigas que pretenden, si esta a aceptá, da a entender que tamén o aceptaba como pretendiente.
Aínda hai unha costume máis curiosa e bastante estendida na actualidade, sobre todo nas inmediaciones da ermida da Franqueira, na Cañiza, e tamén en terras do Deza, na comarca de Lalín.
Aquí é frecuente ver xestas que teñen nos seus extremos un nó, o que chama poderosamente a atención dos camiñantes que percorren estes paraxes, o obxecto destas ataduras tan singulares, é unha antiga crenza moi enraizada na cultura popular.
Que di:
As moziñas casadeiras, peregrinas da Franqueira que, dobrando unha ramiña de xesta e dándolles voltas só cun dedo se acertan a anudala, cásanse nun ano.
E segue:
Que cores de cereixa lle saíron ás fazulas [mofletes] a aquela rapaciña que, ao pasar, sorpredemola atarefada en darlle voltas á pola dá xesta.
Noutras comarcas, o obxecto destes nós é outro:
Cando un neno está enganido, é dicir, está debilitado ou consumido, normalmente pola acción dun mal de ollo ou por unha meiga chuchona, ou polas malas artes do xenio maléfico chamado tarangano, que lle chupa o sangue á criaturita, nestes casos, unha forma de curalo consiste en facer un nó coa man esquerda; si a xesta sobrevive co nó, o rapaz sanará.
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Blog talourcera
XOAN ARCO DA VELLA
Mira que fun aprender hoxe !.
ResponderEliminar