miércoles, 1 de abril de 2020

PASOS DE XANEÁNS - RÍO TEA - A GRAÑA - PRADO - COVELO

PASOS DE XANEÁNS
RÍO TEA
A GRAÑA - PRADO
COVELO 


Río Tea
     O río Tea é un afluente do río Miño, duns 50 quilómetros de longo, que atravesa a bisbarra do Condado, no sur da provincia de Pontevedra.


Etimolxía
     Segundo Edelmiro Bascuas o hidrotopónimo "Tea" parte da raíz hidronímica indoeuropea galaica *tekw‑, co significado de ‘fluír’.


Características
     Nace da confluencia de dous brazos, dos cales un nace na parte sur da Serra do Suído, a uns 900 m., e outro a 940 m. no Faro de Avión, no límite entre as provincias de Ourense e Pontevedra.


     Baña os concellos de Covelo, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas e Salvaterra de Miño, onde desemboca no Miño. A súa conca cobre unha área de 411 km².


     O Tea é un río de característico réxime pluvial. O seu caudal medio é de 17,5 m³/s.


    O seu percurso inicial é encaixado, abríndose xa no val de Mondariz, atravesando logo pola vila de Ponteareas, antes de ir ao Miño. Entre os seus afluentes destaca o Alén, pola dereita, que recibe aínda na montaña.


     Xa no curso baixo úneselle o Uma pola esquerda.


     Está declarado como zona especial de conservación (ZEC).


Flora
     A vexetación é moi rica, tipo bosque de galería dos ríos do sur de Galiza, a formación típica é o ameal ou formación de amieiros. A vexetación é completada con freixos, salgueiros, pradairos, sabugueiros, bidueiros, cerdeiras bravas e algún carballo. Seguindo o bosque de galería atopamos unha segunda formación na que aparece a carballeira ou fraga mixta dominada por carballos (Quercus robur L.), e completada con loureiros, pereiras bravas, acivros (aceviños), cerquiños, e ás veces freixos, pradairos e castiñeiros.


      Nos outeiros fórmanse piñeirais de piñeiro bravo (Pinus pinaster var. maritima), froito das reforestación dos séculos XIX e XX, mesturadas hoxe en día con carballos, eucaliptos etc.


     Complétase todo cunha rica formación arbustiva e herbácea: cáncaros, campaíñas, amorodeiras bravas (morotes), hedras (areiras ou hadreiras), silveiras, roseiras bravas, estripeiros, chuchameles (Lonicera spp.), fentos variados, brións etc. Así coma toxos, uces etc. nas zonas altas.


Fauna
Aves
    Gabián (Accipiter nisus)
    Garza branca (Egretta alba)
    Andoriña brava (Riparia riparia)
    Alavanco real (Anas platyrhynchos)
    Merlo rieiro (Cinclus cinclus)
    Ouriolo (Oriolus oriolus)
    Paporrubio (Erithacus rubecula)
    Picapeixe (Alcedo atthis)
    Azor (Accipiter gentilis)
    Lavandeira branca (Motacilla alba)


Mamíferos
    Rato de almiscre (Galemys pyrenaicus)
    Lontra (Lutra lutra)


Peixes
    Lamprea (Petromyzon marinus)
    Salmón (Salmo salar)
    Anguía (Anguilla anguilla)
    Reo (Salmo trutta)


Outros
    Xoaniña (Coccinella septempunctata)
    Salamántiga (Chioglossa lusitanica)
    Libélulas (Gomphus graslinii e Macromia splendens)


VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901