FERVENZA DE ARGALO
RÍO VILABOA
ARGALO
NOIA
Argalo
Santa María de Argalo é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Noia, na comarca de Noia.
Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 895 habitantes (417 homes e 478 mulleres) distribuídos en 18 entidades de poboación.
Patrimonio
Cova da Moura.
Lugares de Argalo
Argote, A Baia, Becollo, Beiro, Bergondo, O Canaval, A Casa Alta, A Devesa, Entrerríos, Figueira, A Igrexa, As Longras, O Lugariño, Os Montiños, O Mosteiro, O Paramo, A Pena do Ouro, Piñeiro, A Ponte de Argalo, A Ponte de San Francisco, Sobreviñas, Sueiro, O Torno, Valbargos, Vilaboa
Noia
Noia é un concello costeiro da provincia da Coruña, capital da comarca de Noia.
Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 14.571 habitantes e ten unha extensión de 37,2 km². O seu xentilicio é noiés.
Xeografía
O concello está situado ao sur da desembocadura do río Tambre na ría de Muros e Noia.
Limita ao norte con Outes (a través da serra de Outes), ao sueste con Lousame e ao leste con Brión.
No núcleo urbano desemboca o río Traba.
Patrimonio histórico-artístico
Muralla, da que só se conserva un resto no dique de Cadarso.
Igrexa de Santa María a Nova, do século XIV, en estilo gótico mariñeiro, cunha ampla mostra de máis de cincocentas laudas sepulcrais desde o século XIV ó XIX.
Igrexa de San Martiño, do século XV.
Pazo Dacosta, de 1339.
Pazo do Forno do Rato, do século XV.
Cruceiro de Eiroa, do século XVIII, na parroquia de Barro.
Ponte Nafonso, sobre o Tambre.
25 de abril (prolóngase tres ou catro días) - Feira de San Marcos. Destaca a feira de gando e maquinaria agrícola.
16 de xullo - Virxe do Carme. Destaca a procesión organizada pola Confraría de Pescadores San Bartolomeu de Noia.
3º fin de semana de xullo - Feira medieval. Ambientación medieval no casco medieval da vila.
24 de agosto (prolóngase 5 ou 6 días) - Festa de grande afluencia na honra de San Bartolomeu. Destacan as verbenas, os concertos e o espectáculo pirotécnico.
Parroquias de Noia
Argalo (Santa María), Barro (Santa Cristina), Boa (San Pedro), Noia, O Obre (Santa Mariña), Roo (Santa María)
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
Preciosas fotografías
ResponderEliminar