domingo, 1 de diciembre de 2019

PONTE ROMANA DE PARADA - RARADA - RÍO LEREZ - CERDEDO COTOBADE

PONTE ROMANA DE PARADA
PARADA
RÍO LEREZ
CERDEDO COTOBADE


Parada
     San Pedro de Parada é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Cerdedo-Cotobade. 


     Segundo o IGE en 2012 tiña 56 habitantes (28 mulleres e 28 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 96 habitantes.


Patrimonio

     Hai un castro que se levanta a capela do Pego, e petróglifos nos montes de Parada. 


     Na estrada que vai de Chacente a Parada pouco antes de chegar ó quilómetro 9 a uns 40 metros da beira esquerda sobre unha laxa de granito de grao fino situada a nivel do chan e cunha lixeira inclinación, obsérvanse bastantes figuras de cérvidos, xunto con combinacións circulares e figuras de varios tipos.


     A ponte Parada, no río Lérez, claramente romana en bo estado de conservación. Á beira do río Lérez, por baixo da ponte do Pego existe un manancial de augas termais.


Lugares de Parada
     Framil, Insua, Mouteira, Parada


Parroquias de Cerdedo-Cotobade
     Aguasantas (Santa María), Almofrei (San Lourenzo), Borela (San Martiño), Carballedo (San Miguel), Caroi (Santiago), Castro (Santa Baia), Cerdedo (San Xoán), Corredoira (San Gregorio), Figueiroa (San Martiño), Folgoso (Santa María), Loureiro (Santiago), Parada (San Pedro), Pedre (Santo Estevo), Quireza (San Tomé), Rebordelo (San Martiño), Sacos (Santa María), San Xurxo de Sacos (San Xurxo), Tenorio (San Pedro), Tomonde (Santa María), Valongo (Santo André), Viascón (Santiago)


Río Lérez
     O río Lérez pertence á vertente atlántica e na súa desembocadura forma a ría de Pontevedra.


Curso
     Nace na Serra do Candán, no monte de San Bieito, no lugar da Noveliza, na parroquia de Aciveiro (Forcarei). 


     Percorre 60 km con abundante caudal, na dirección NL-SO, pasando polos concellos de Forcarei, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade e, finalmente, Pontevedra.


     Os seus principais afluentes son o Salgueiro, Cabaleiros, Grande, O Castro, Quireza, Tenorio e Almofrei.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

2 comentarios:

  1. Javier Nogueira, orixinario de Parada.2 de julio de 2026 a las 19:27

    Eso de que a Ponteparada é craramente romana non sei en qué se sustenta, a non ser na habitual creenza popular.

    ResponderEliminar
  2. O suposto castro na ermida do Pego é bastante dubidoso... onde existe un de notables dimensións é cerquiña da Ponteparada, con dúas Has. de superficie e dobre terraplén na parte menos defendida pola natureza. Ten forma de D maiúscula, a parte curva cara o oeste. Actualmente apenas se distingue na foto aérea por estar acugulado de maleza.

    ResponderEliminar

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901