domingo, 24 de noviembre de 2019

PASOS DO REGUEIRO DA FREIXA - LERCE - CASTRELO- FORCAREI

PASOS DO REGUEIRO
REGUEIRO DA FREIXA
RÍO LEREZ
LERCE
CASTRELO
FORCAREI


Lerce
     Lerce é un lugar da parroquia de Castrelo, no concello pontevedrés de Forcarei. 


     Segundo o IGE do 2008 tiña 15 habitantes deles 7 homes e 8 eran mulleres, o que supón que diminuíu a poboación desde 2007.



Castrelo
     Santa Mariña de Castrelo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. 


     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 136 habitantes (73 mulleres e 63 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 147 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 96 habitantes, sendo 51 homes e 45 mulleres.


Topónimo
     Diminutivo do latín castrum, cidade alta e fortificada.


Lugares de Castrelo
     Arbarrela, A Barciela, Coto Aciveiro, Lerce, Liñares, A Mámoa, Murada, Valadelo, O Vieiro



Parroquias de Forcarei
       Aciveiro (Santa María), Castrelo (Santa Mariña), Dúas Igrexas (Santa María), Forcarei (San Martiño), A Madanela de Montes (Santa María Madanela), Meavía (San Xoán), Millarada (San Amedio), Pardesoa (Santiago), Pereira (San Bartolomeu), Quintillán (San Pedro), San Miguel de Presqueiras (San Miguel), Santa Mariña de Presqueiras (Santa Mariña), Ventoxo (San Nicolao)


Río Lérez
     O río Lérez pertence á vertente atlántica e na súa desembocadura forma a ría de Pontevedra.


Curso
     Nace na Serra do Candán, no monte de San Bieito, no lugar da Noveliza, na parroquia de Aciveiro (Forcarei). 
 

     Percorre 60 km con abundante caudal, na dirección NL-SO, pasando polos concellos de Forcarei, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade e, finalmente, Pontevedra.


     Os seus principais afluentes son o Salgueiro, Cabaleiros, Grande, O Castro, Quireza, Tenorio e Almofrei.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901