martes, 10 de diciembre de 2019

MUIÑO DOS CASTIÑEIROS - REGUEIRO DE GUIXAL - XUSTÁNS - PONTE CALDELAS

MUIÑO DOS CASTIÑEIROS
REGUEIRO DE GUIXAL
XUSTÁNS
PONTE CALDELAS


XUSTÁNS
POBLACIÓN: 670
LUGARES: Aluncía, Baltar, Chan do Casal e Sobreiro
FESTAS: Romería de Cristo Rei: Lévase a cabo o primeiro domingo de xullo no lugar de Xustáns


     Meu agradecemento a Tino de Xustán e a sua señora por o tempo que nos adicou para facer posible este traballo


Xustáns
     San Martiño de Xustáns é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. 


     Segundo o INE de 2017 tiña 571 habitantes (283 mulleres e 284 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 601 habitantes.


Xeografía
     A parroquia ten 9,1 km². Limita ao norte coa parroquia de Tourón, ao sur coa parroquia de Taboadelo e ao leste, coa parroquia de Ponte Caldelas. Cara o leste, tras o monte da Fracha, atópanse as parroquias de Marcón e A Canicouva pertencentes ao concello de Pontevedra.


     O punto máis alto da parroquia é o monte da Fracha (493 metros). Pola parroquia discorren principalmente dous ríos: o río Carballido, que é afluente do río San Vicente. Este, á súa vez é afluente do río Verdugo.


Demografía e servizos
      A poboación segue o patrón habitual de comportamento das parroquias da contorna da área urbana de Pontevedra, encadeando lixeiros descensos con subas, pero nun contexto xeral de avellentamento e lenta caída.


Servizos
     A parroquia ten diversos negocios, ademais dunha escola unitaria en activo. O groso dos servizos e a poboación atópanse no veciño lugar da Reigosa e na vila de Ponte Caldelas. Os empregadores do sector secundario máis próximos sitúanse no Polígono industrial do Campiño, a tan só un par de quilómetros da capital parroquial.



Patrimonio
     Santuario de Cristo Rei.
     Igrexa de San Martiño


     A igrexa parroquial de Xustáns atópase no lugar de Sobreiro. De estilo barroco (século XVII), é unha igrexa de planta basilical e fachada porticada, cunha torre escalonada do século XX inspirada no barroco compostelán. No seu interior conta cun retablo maior barroco e dous retablos laterais neoclásicos. Nos arredores da igrexa destacan o cruceiro e o cemiterio vello, de comezos do século XX.


      A capela de Cristo Rei érguese no cumio do monte entre os lugares de Baltar e Sobreiro. Trátase dunha pequena ermida do século XX de planta cadrada cunha imaxe do santo en pedra na parte superior. A capela permanece pechada todo o ano salvo na romaría que alí se celebra en xullo.


     Xunto á capela atópase o miradoiro homónimo, desde o cal se ten unha boa panorámica da ría de Vigo, así como do resto do concello de Ponte Caldelas e da serra do Suído.



Outros
     Ademais destes dous lugares, son destacables as rutas polo monte da Fracha, os diversos cruceiros espallados polos lugares da parroquia, así coma os petróglifos do Outeiro da Cabra, aínda que estes últimos non sexan visitables polo seu estado de conservación.
 

Festas
    Cristo Rei, no lugar de Baltar. Celébrase o primeiro domingo de xullo.
    San Martiño, patrón da parroquia, día 11 de novembro.
    San Roque, a finais de setembro.
    Nosa Señora do Carme, a fin de semana anterior ou posterior ao 16 de xullo.
    Festa dos Reis, sobre o 6 de xaneiro.


Lugares de Xustáns
     A Aluncía, Baltar, O Chan do Casal, Cotas, O Sobreiro

VIDEO
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube



XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901