jueves, 7 de noviembre de 2019

FERVENZA DE FERVENCEDO - FERVENCEDO - RÍO FERVENZAS - ARANGA

FERVENZA DE FERVENCEDO
RÍO FERVENZA
FERVENCEDO
ARANGA


San Vicente de Fervenzas
     San Vicente de Fervenzas é unha parroquia que se localiza no ooeste do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2018 tiña 222 habitantes (110 mulleres e 112 homes) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución do ano 1999 cando tiña 293 habitantes. 



Xeografía
     A parroquia de Fervenzas ten unha superficie de 13,91 km² e 24 núcleos de poboación.


Situación
     Está situada no oeste do concello de Aranga e no leste do arciprestado de Xanrozo.



     Limita ó norte coas parroquias de Santa María de Ois (do concello de Coirós) e Muniferral, tocando tamén nun punto a de Feás, ó leste coa de Vilarraso, ó sur e oeste coa de Rodeiro (Oza-Cesuras) e ó noroeste nun pequeno tramo coa de Bandoxa (Oza-Cesuras).


Patrimonio
      Existen tres castros recoñecidos, O Valló, Casarellos, e o mais importante o das Cotorras, onde hai un pequeno petróglifo. Atopáronse numerosos obxectos prehistóricos e unha ara romana adicada a Xúpiter na igrexa de San Vicente, conservada no Museo das Mariñas. Escritos antigos sitúan na parroquia un castelo no século XII, non hai restos.



Lugares de San Vicente de Fervenzas
     A Aldea de Arriba, Atá, Boqueixón, A Carballeira, Os Casarellos, O Fervencedo, Fongarandón, A Fonte Vella, A Igrexa, O Mato, Mende, Milreu, Muros, O Painzal, Os Paraños, Penas do Porto, Portoscalvos, Río de Bexo, Silvarredonda, O Sisto, A Torre Lavandeira, A Tragallía, Vallo, O Valló


Aranga
     Aranga é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE, o 1 de xaneiro de 2014 tiña 2033 habitantes, 1023 homes e 1010 mulleres (2.072 no 2012, 2113 no 2011, 2126 no 2010). O seu xentilicio é «arangués».



Situación
     Ten unha superficie de 119,6 km². Limita cos concellos de Guitiriz (da provincia de Lugo), Curtis, Oza-Cesuras, Coirós, Irixoa e Monfero. O concello está atravesado polo río Mandeo. Está situado a 40 km ao sueste da capital da provincia. Ten unha altitude media de 262 m sobre o nivel do mar.


Demografía
     É un dos dous únicos concellos da provincia da Coruña que se considera concello rural marxinal (a poboación agraria supera o 70 % do total de poboación activa).



Patrimonio arqueolóxico
      Consérvanse restos prehistóricos. Xunto á ermida de San Vitorio hai varios campos de dolmens e un castro. Na Costa do Sal hai varios petróglifos, mámoas e outros restos.


     En Fervenzas existen tres castros: Castro do Valló, nos Casarellos e o castro das Cotorras. Aprézase ben toda a súa estrutura, as murallas e o antecastro. 


     Na parroquia atopáronse outros restos arqueolóxicos, como pequenos utensilios, machados, puntas de frechas, e restos de enterramentos, especialmente nos arredores do Mato.


     En Muniferral hai un castro, no que se aprecia ben toda a súa estrutura. En Feás está documentada a existencia dun castro denominado Castro de Flores, no lugar coñecido como Flores ou A Feira. Nas inmediacións do mesmo produciuse o achado dun torque, actualmente depositado no Museo Arqueolóxico Nacional, en Madrid, e que aparece catalogado como torque de Ois (o lugar de Flores, e o propio castro, sitúanse da cabalo dos concellos de Coirós, parroquia de Santa María de Ois, e Aranga, parroquia de Feás), pero que tamén é coñecido como torque de Flores.


Arquitectura relixiosa
     A igrexa de Muniferral é un templo románico, do século XII. A igrexa de San Paio é barroca, do século XVII. Na capela do Cristo consérvase a Santa Cruz, de latón do século X.


     Son numerosos os cruceiros existentes nas distintas parroquias do concello. O cruceiro de San Vicente de Fervenzas está datado entre finais do século XV e principios do XVI. A capela de San Salvador de Fervenzas aparece citada no Catastro de Ensenada.



Arquitectura civil
     A ponte sobre o río Mandeo en Ponte Aranga, data do século XVII. A Ponte Vella, na Castellana, tamén sobre o río Mandeo, data do século XVI, sendo posteriormente reformada. Por esta ponte pasaba o camiño real da Coruña a Lugo.


     Existen varias pazos ou casas grandes de interese, como é o caso da casa do Vinculeiro, no lugar da Lagoa, na parroquia de Feás, hoxe en deficiente estado de conservación, e que presenta un interesante portalón de pedra.



Parroquias de Aranga    
     Aranga (San Paio), Cambás (San Pedro), Feás (San Pedro), Muniferral (San Cristovo), San Vicente de Fervenzas (San Vicente), Vilarraso (San Lourenzo)

VIDEO
VIDEO
VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901