MUIÑO DA ALVORADA
CASALMORTO
PEREIRAS
MOS
San Miguel de Pereiras é unha parroquia que se localiza no concello de Mos na comarca de Vigo.
Segundo o IGE en 2014 tiña 1.407 habitantes (699 homes e 708 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.385 habitantes.
Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 1.407 habitantes, sendo 699 homes e 708 mulleres.
Lugares de Pereiras
Campo de Eiró, Casal, Casalmorto, Roublín
Mos
Mos é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca de Vigo. Antigamente inscribíase na histórica Comarca da Louriña, que pese a non ter valor administrativo segue tendo presenza no imaxinario colectivo e nos medios de comunicación.
O seu xentilicio é mosense.
Segundo o IGE, no ano 2014 contaba con 15.324 habitantes dos cales 7.529 son homes e 7.795 mulleres.
Ten unha superficie de 53,2 km² e unha densidade de poboación de 288,04 hab/km² repartidos en dez parroquias:
Cela, Dornelas, Guizán, Louredo, Mos, Pereiras, Petelos, Sanguiñeda, Tameiga e Torroso.
Este concello estableceuse constitucionalmente no ano 1836, non tendo nestes dous séculos apreciables variacións agás os diferentes cambios de capitalidade.
Situación
O concello emprázase no suroeste de Galicia, preto da fronteira con Portugal, flanqueado polos concellos de Vigo, O Porriño e Ponteareas.
No seu extremo norte e nordeste limita cos concellos de Ponteareas e Pazos de Borbén.
No tocante ás elevacións, as máis importantes nas cordilleiras menores do Galleiro, son As Sete Paredes (744 m), o Salgueirón (621 m), o Castelo (543m) e Pereiras (514 m).
Os ríos que regan o municipio son o Louro, que recibe como afluentes o Torroeira, Fraga e Castelo, e, tamén, o río Perral que se une logo ó Louro.
A característica fundamental do clima é a existencia de dous microclimas ben diferenciados.
Dunha banda, un clima de montaña, representado nas inmediacións de Peinador, e, doutra, un clima de val representado nas inmediacións do Porriño.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901