SEQUEIROS DO MAZO
PARADA DE MONTES
DEVESA DE LOUREIRO E SEQUEIROS DO MAZO
A devesa de Loureiro está situada na confluencia das parroquias de Salcedo, Parada dos Montes e Lamaigrexa. De relevo irregular e accidentado, atópase entre os 450 e os 600 m. de altitude, á beira do río Loureiro (afluente do río Lor).
Ademais do interese natural e paisaxístico que lle outorgan estas características, goza doutros recursos ligados ao carácter cultural e etnográfico, xa que esta devesa proporcionaba combustible á Ferrería de Loureiro, da que aínda quedan vestixios (casa da Ferrería, capela, antigo muíño, partes da presa,…).
A POBRA DO BROLLÓN
Hai lugares nos que nos gusta perdernos, perdernos por vontade propia. Perdernos para atoparnos en camiños, en soutos, ao carón dun río. Iso acontece no concello da Pobra do Brollón.
Os ríos Cabe, Saa, Lor e Sil enchen de vida este territorio, creando profundos vales cheos de vida. Mentres na zona de montaña, a realidade é outra, en aldeas como Parada dos Montes o tempo parece deterse, ou mesmo que volvesemos ao pasado. Parada é, sen dúbida, unha visita etnográfica inexcusable como aldea de montaña e, moi perto, en Salcedo, a etnografía vincúlase directamente coa tradición do entroido. O luns de entroido o oso sae ás rúas da aldea para amedrentrar a nov@s e maiores. Durante días @s veciñ@s celebran a festa con representacións teatrais e diversas actividades que congregan cada ano a máis visitantes.
Para disfrutar de toda a riqueza da Pobra do Brollón podemos achegarnos aos miradoiros
Catro Cabaleiros situado en Pena Redonda, a máis de 1.200 m. de altitude. Neste punto únense os municipios de A Pobra, O Incio, Samos e O Courel. Cóntase que o nome lle vén dado porque antigamente os cabaleiros destes catro territorios xuntábanse neste punto para tratar da administración do territorio.
Situado perto da aldea de As Laceiras, desde el pode verse todo o souto de Paramedela, ademais do río Lor e da Serra do Courel.
A Capela:
Ofrece excelentes vistas das ribeiras do Sil e dos viñedos en socalcos.
San Vitoiro
San Vitoiro situado na cima dos acantilados, na parroquia de Saá. Desde el temos unhas amplas vistas, atópase xusto na parte superior desta área de esparcimento na que o 27 de Agosto se celebra unha tradicional romaría.
E para ir vendo ao pasar, temos interesantes propostas de rutas de sendeirismo:
Ruta dos Catro Cabaleiros:
Ruta que leva a través da Serra de A Trapa ata a Mesa dos Catro Cabaleiros . Saímos da Pobra do Brollón pola estrada LU-653 ata o empalme de Saa (uns 300m). Dende aí, ata A Veneira de Roques, percórrense 7,2qm. Despois, a ruta continúa por Pena Redonda ata chegar á caseta forestal do Alto do Castro (sorprendente miradoiro dende o que se pode ver todo o Val de Lemos, O Incio, O Courel…). Nas súas proximidades atópase a Pena dos Catro Cabaleiros, a 1235m de altitude, e nela coinciden os límites dos concellos de A Pobra, O Incio, Samos e Folgoso do Courel.
Ruta Camiño Sur a Santiago:
Unha das alternativas de peregrinación a Santiago a través do Camiño de Inverno ou Camiño Sur. No concello da Pobra comeza en Barxa de Lor, pasando pola ponte, un par de km despois chegamos á parte baixa dunha explotación mineira que data de época romana, A Pobra do Brollón e Cereixa. Cando chegamos á capitalidade municipal, en frente do concello hai unha estrada que leva cara Brollón Barrio, dirixímonos por esa estrada cara Nogueiras. No resto da ruta ata abandonar o termo municipal destaca o traxecto que discorre parello ao río Cabe.
Ruta que leva desde Barxa de Lor ata Paramedela, bordeando o río Lor. Trátase dun tramo dunha ruta maior que parte de O Cebreiro e finaliza en Augasmestas.
Ruta Doade-Augasmestas:
Lonxitude 8,5 Quilómetros (Tramo dentro do término municipal da Pobra). Dificultade media.
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Web Concello de A Pobra do Brollón
XOAN ARCO DA VELLA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901