MUIÑO EN LAMPAZAS
LAMPAZAS
RÍO GRAÑAL
ESGOS
Lampazas é un lugar da parroquia de Esgos no concello ourensán de Esgos na comarca de Ourense.
Tiña 7 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 4 eran homes e 3 mulleres.
Lugares da parroquia de Esgos
Cachamuíña, Calsomiro, Esgos, Lampazas, A Meiroá, As Meiroás, Rebolar, Tarreirigo A Touza.
Esgos
Esgos é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra.
Segundo o Padrón municipal, en 2017 tiña 1.154 habitantes (1.318 en 2003).
Xeografía
O concello de Esgos está situado ao norte da provincia de Ourense.
Limita ao norte con Nogueira de Ramuín, ao sur con Paderne de Allariz e Maceda, ao leste con Xunqueira de Espadanedo e ao oeste co Pereiro de Aguiar.
Ten 37,8 km² de superficie, e abrangue 7 parroquias.
Cara ao noroeste esténdense a Cabeza, con picos de 1147 e 1128 metros no límite con Nogueira de Ramuín. Cara ao leste está a serra dos Chairos (793 m) e os montes de Rocas, co Outeiro de Arcos (893 m) O Castelo (721 m) ou O Barbeirón, onde se asenta o mosteiro de Rocas. No pico do Birbiza (790 m) está o límite cos concellos de Paderne de Allariz e Maceda. No sureste está o alto do Couso (710 m).
O curso fluvial máis importante é o río Loña, afluente do río Miño en Ourense. Á súa vez, dous afluentes do Loña son o regato do Porto que atravesa Lobaces e Gomariz e O Grañal. O regato de Pazos que cruza a aldea de Esgos.
Historia
O topónimo vén dado polo rego de Esgos, citado na documentación de San Pedro de Rocas en 1007 e 1175 como rivulo Alesgos e en 1227 como Aesgus.
Durante a idade media esta zona estivo vinculada ao mosteiro de San Pedro de Rocas.
Coa fin do antigo réxime e a constitución dos concellos estableceuse a capitalidade na aldea de Esgos, lugar de paso na estrada real cara a Ponferrada, actual OU-536.
Oficios tradicionais desta zona son os de albardeiro, cordeleiro, sogueiro, afiador ou oleiro.
Patrimonio
Entre o patrimonio do concello destaca o mosteiro de San Pedro de Rocas, recoñecido en 1923 como Ben de Interese Cultural.
Parroquias de Esgos
Esgos (Santa María), Loña do Monte (San Salvador), Os Pensos (San Pedro), Rocas (San Pedro), Santa Olaia de Esgos (Santa Olaia), Triós (San Pedro), Vilar de Ordelles (Santa María)
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901