viernes, 9 de agosto de 2019

SANATORIO DE CESURAS - O PARAXÓN - BRAGADE - OZA CESURAS

SANATORIO DE CESURAS
O PARAXÓN
SAN MAMEDE DE BRAGADE
OZA - CESURAS


Sanatorio de Cesuras
Historia:
     Trátase dun interesante edificio de estilo modernista proxectado entre os anos 1922 e 1924 polo arquitecto Antonio González Villar. 



     Non se terminou a obra paralizándose no ano 1931. 


     Da idea inicial só chegou a iniciarse un primeiro módulo que hoxe se conserva en estado ruinoso. 


      A falta de recursos económicos deu ao traste co proxecto logo da Guerra Civil.


    Construído nunha época en que a tuberculosis provocaba unha preocupante mortandad no noso país, situouse nun sitio saudable, no medio dun dos bosques de piñeiro e eucalipto máis frondosos de toda Galicia.


Descrición:     
     Previsto como sanatorio tuberculoso, o edificio emplazouse neste lugar pola súa altitude e clima san.


     A planta baixa é un compendio de diferentes estancias de moi diverso tamaño repartidas ao longo dun corredor que percorre todo o edificio de lado a lado.


      Ao final da planta baixa, hai outro longo corredor que percorre tamén todo o edificio do que nacen diversas pequenas estancias sen fiestras, moi escuras e deterioradas. 


     Xusto ao final do corredor central de entrada, sitúanse as escaleiras, estreitas e moi deterioradas, para subir ás seguintes plantas.


     As seguintes plantas, tamén se dividen en diversas estancias de tamaños e formas diferentes. Na fachada principal hai unha gran balconada que deixan ver toda a zona de entrada, mentres que pola parte traseira, tense acceso ao bosque.


Grado de protección legal:
     Sen protección específica.



Estado de conservación:

     Abandonado e en ruínas. 



     O edificio atópase nun estado máis que lamentable, conservándose únicamente a fachada exterior e os muros do interior. 


     Escaleiras e teitumes están prácticamente derruidas. 


     O musgo e as hedras estanse comendo literalmente a fachada do edificio, facendo que a súa visión sexa aos poucos cada vez máis reducida.

VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 Fuente: Web Lista Roja del Patrimonio
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901