CAPELA DE SANTA CATARINA
LOURIDO
CERDEDO
Cerdedo
San Xoán de Cerdedo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade.
Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 688 habitantes (311 homes e 377 mulleres) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 870 habitantes.
Lugares de Cerdedo
Abelaíndo, Arén, Barro, Biduído, Cabenca, Carballás, Cavadosa, Cerdedo, Cernados, Chamadoira, Limeres, Lourido, Meilide, Revolta, San Bernabeu, A Torrente
Cerdedo-Cotobade
Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.
Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km².
Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.
Toponimia
O topónimo procede da combinación dos do concello de Cerdedo e do concello de Cotobade trala súa fusión.
Patrimonio
Patrimonio arqueolóxico
Calzada do monte Pé da Múa.
Petróglifos de Pedra das Ferraduras, na parroquia de San Xurxo de Sacos e de Portela da Laxe, na parroquia de Viascón.
Patrimonio arquitectónico
Igrexa de San Martiño de Rebordelo.
Igrexa de San Xurxo de Sacos.
Igrexa de Santa María de Sacos.
Mosteiro de San Pedro de Tenorio.
Ponte sobre o río Lérez.
Capela de Santo Antón en San Xoán de Cerdedo.
Capela de San Bartolomeu en Chamadoira.
Etnografía
Festas e celebracións
A festa da vincha, celebrada durante o entroido en Cerdedo;
A festa do xabarín, celebrada en abril en Cerdedo;
A rapa das bestas, celebrada no mes de agosto en Cuspedriños;
A festa do requeixo, celebrada en xuño en Corredoira;
A festa da filloa, celebrada en setembro en Valongo.
Parroquias de Cerdedo-Cotobade
Aguasantas (Santa María), Almofrei (San Lourenzo), Borela (San Martiño), Carballedo (San Miguel), Caroi (Santiago), Castro (Santa Baia), Cerdedo (San Xoán), Corredoira (San Gregorio), Figueiroa (San Martiño), Folgoso (Santa María), Loureiro (Santiago), Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo) | Quireza (San Tomé) | Rebordelo (San Martiño), Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo) | Tenorio (San Pedro), Tomonde (Santa María) Valongo (Santo André), Viascón (Santiago)
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901