domingo, 27 de enero de 2019

OS MORTOS DE SURRIBAS - CHANTADA

AS MORTES DE SURRIBAS
SURRIBAS
CHANTADA


     Paulino Fernández Vázquez, nado en Surribas (Adá, Chantada) en 1925 e finado no mesmo lugar o 8 de marzo de 1989, foi un labrego galego, que se fixo famoso ao cometer o maior crime en serie da historia de Galicia.


O crime de Chantada
Antecedentes
     Paulino Fernández estaba ao parecer preocupado pola propiedade dunhas terras que mercara a uns parentes que vivían en Brasil, que non estaban ao seu nome no catastro, conforme relatou o seu avogado e daquela alcalde de Chantada, Serxio Vázquez Yebra, que falou na mañá do crime con el. Esa mesma mañá falou tamén co notario e despois fixera algúns recados pola vila de Chantada co seu irmán, Marcelino Fernández, co que quedou a xantar na casa deste.
     Paulino estaba casado, e non tiña fillos; a súa muller tiña problemas de mobilidade e cegueira logo dun accidente.




Os feitos
     O 8 de marzo de 1989 contra as tres e media da tarde, de volta xa en Sorribas, Paulino Fernández saíu da súa casa e atacou cun coitelo da matanza o seu veciño José Gamallo. 

     Este escapou e foi avisar a Garda Civil. Paulino volveu para a casa, sacou a pacer as vacas e foi con elas cara a Quinzán da Vila. 


     De camiño atopou a catro veciños dunha mesma familia traballando nunha leira, e atacounos. Tres deles morreron no momento, e a cuarta tentou escapar por unha pista cara a Adá, pero Paulino atrapouna e asasinouna tamén. Nese momento atopou outro veciño, atacouno e deixouno ferido grave.

     Decidiu entón volver cara a Surribas por Quinzán do Carballo, e polo camiño atacou a sete veciños máis, dos cales dous morreron no momento e unha máis faleceu ao cabo de vinte días polas feridas sufridas. No seu camiño tamén atopou outras persoas ás que non atacou.

     Cando chegaron os gardas, Paulino xa volvera para a súa propia casa, de onde o seu irmán sacara a súa muller. Prendeulle lume á casa con el dentro e deitouse na cama. Faleceu como consecuencia deste incendio.

  

As vítimas
     Incluíndo o propio Paulino Fernández, houbo oito mortos:
    Avelina Moure Soengas (67)
    Emilio Ramos Blanco (66)
    José Lago García (59)
    Celsa Sanmartín Ledo (63)
    Aurora Sanmartín Ledo
    Maximino Saa Sánchez (72)
    Amadora Vázquez Pereira (43)


O enterro
     Cinco das vítimas, e tamén Paulino Fernández, foronsoterradas o mesmo día na igrexa parroquial de Adá. O enterro do asasino realizouse unha hora antes da cerimonia conxunta das súas vítimas. A sexta vítima foi soterrada en Mato (Taboada). 


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 Fuentes: Revista Guardia Civil - nº831/Julio 2013
EL PAIS
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901