domingo, 18 de noviembre de 2018

HORREOS DE ZORELLE - MACEDA

 HORREOS DE ZORELLE
ZORELLE
MACEDA
OURENSE 


Zorelle
     Santiago de Zorelle é unha parroquia do concello ourensán de Maceda na comarca de Allariz - Maceda. 



     No ano 2007 tiña 167 habitantes (80 homes e 87 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 32 habitantes en relación ao ano 2000.


Lugares de Zorelle
     Alto do Couso, Bustavalle, Calvelo, Casasoá, As Lamas, Vilarellos, Zorelle


Maceda
     Maceda (do latín mattianeta que provén do latín vulgar mattiana, "maceira", máis o sufixo abundancial etam. 



     Lugar onde abundan as maceiras; fitotopónimo), é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Allariz - Maceda e á Ribeira Sacra. 


     Segundo o IGE en 2017 tiña 2.924 habitantes (3.262 en 2004, 3.307 en 2003).


Xeografía
     O concello, de 102 km², está situado no Alto do Arnoia, entre o val de Xunqueira de Espadanedo e as vertentes da Serra de San Mamede.



Poboación
     En 2017, Maceda tiña 2.924 habitantes distribuídos en 54 núcleos de poboación que ocupan 102 km², cunha densidade de poboación de 28,80 hab./km².



  O 66.71% da poboación vivía no núcleo municipal, Maceda, no ano 2016.


     Dende o ano 2007, máis da metade da poboación vive no núcleo municipal.


Historia
     A historia de Maceda está ligada ao castelo de Maceda, iniciado a comezos do século XI.



Maceda na cultura popular
     Vicente Risco recolle a crenza de que, en Maceda e en Castro Caldelas, gardan o pan que se coce o día de San Bertomeu (24 de agosto). Este pan non podrece nunca, e utilízase para apagar os lumes, botando neles un anaco do pan.



 Parroquias de Maceda    
     Asadur (Santa Mariña), Castro de Escuadro (Santa Baia), As Chás (San Xoán), A Costa (Santiago), Covas (San Xoán), Foncuberta (Santa María), Maceda (San Pedro), Piúca ou Araúxo (Santa María), Santiso (Santa María), Tioira (Santa María), Vilardecás (San Xoán), Zorelle (Santiago)



Comarca de Allariz - Maceda
     A comarca de Allariz - Maceda é unha comarca galega situada na provincia de Ourense linda ao leste coa comarca de Ourense, ao oeste coa comarca da Terra de Caldelas, ao sur coa comarca da Limia e ao sueste coa comarca da Terra de Celanova. A súa capital é Allariz.



     Pertencen á comarca de Allariz - Maceda os seguintes concellos: 
     Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo. 

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901