domingo, 18 de febrero de 2018

FERVENZA DO CACHÓN - RÍO VAOS - A TEIXEIRA

FERVENZA DO CACHÓN
RÍO VAOS
A TEIXEIRA


A Teixeira
     A Teixeira é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Caldelas e que forma parte da Ribeira Sacra.



     Segundo o IGE no ano 2016 tiña 368 habitantes (185 homes e 183 mulleres) (551 en 2003), sendo este o segundo dos dous concellos galegos que ten menos de 500 habitantes, xunto con Negueira de Muñiz; a parte de ser un dos máis avellentados, cunha media de idade superior aos 60 anos.



     O seu xentilicio  é «teixeirés».


Paisaxe
      É un concello dunha paisaxe moi fermosa: a 1 km da vila existe unha excelente vista dos canóns do Sil. Presenta verdes prados e montañas nas que a árbore predominante é o castiñeiro.




Economía
     A agricultura é a base da economía, predominando o viñedo: nos últimos anos creáronse moitas adegas que producen viño coa denominación de orixe Ribeira Sacra.



Parroquias da Teixeira    
     Abeleda (Santa María), Boazo (Santa María), Cristosende (Santa María), Fontao (San Bartolomeu), Lumeares (San Salvador), Montoedo (Santa Mariña), Pedrafita (San Martiño), Sistín (Santa María)



Comarca da Terra de Caldelas
     A comarca da Terra de Caldelas é unha comarca galega situada no suroeste da provincia de Ourense.



Pertencen a ela os concellos de:
     Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil e A Teixeira.



Demografía
     A comarca de Terra de Caldelas contaba en 2015 cunha poboación de 3.141 habitantes. 



     No 2014 a poboación menor de 15 anos era o 4.36% do total, o que representa uns niveis moi baixos en relación á media do resto de Galicia, mentres que pola outra banda o 45.02% contaba con máis de 65 anos, o que deixa unha poboación en idade de traballar dun 50.62%.


     A idade media da poboación en 2015 era de 59.2 anos, que supera a media galega.

MAPA
VIDEO

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901