martes, 20 de febrero de 2018

CAPILLA DE SAN ANTONIO - PARADELA - CALDAS DE REIS

CAPILLA DE SAN ANTONIO
PARADELA
BEMIL
CALDAS DE REIS


Bemil
     Santa María de Bemil é unha parroquia do concello de Caldas de Reis. Segundo o INE en 2010 tiña 842 habitantes (428 mulleres e 414 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 944 habitantes. 



     Ten tres aldeas: Follente, Outeiro e Paradela. Nos últimos anos configurouse un novo núcleo de poboación próximo á área industrial das Veigas de Almorzar.


 

Patrimonio
     Conta cunha capela dedicada a San Lourenzo no lugar de Outeiro e outra no lugar de Paradela. A Igrexa de Santa María de Bemil foi construída a finais do século XII, aínda que do estilo románico só conserva a antiga fábrica medieval, a ábsida, o rosetón da fachada occidental e un treito do muro sur.


Festas e romarías
     Na igrexa parroquial consérvanse as reliquias de San Xusto, na honra ao cal se celebra unha popular romaría o último domingo de agosto. Outra festa moi populosa é a dedicada á Virxe das Dores (fin de semana arredor do 15 de setembro) en Follente, que ten dous días festivos: o primeiro coa tradicional verbena e o segundo cunha misa e procesión campestre e unha comida de confraternidade con varios centos de veciños.



Lugares de Bemil  
     A Canle, A Lavandeira, As Veigas de Almorzar, Follente, Outeiro, Paradela



 

Caldas de Reis
     Caldas de Reis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE no ano 2015 tiña 9.834 habitantes. O seu xentilicio é caldense.


Localización
     Limita cos concellos de Vilagarcía de Arousa, Catoira, Valga, Cuntis, Moraña, Portas e Vilanova de Arousa.



     Está situado na depresión que cruza Galiza de norte a sur desde Santiago de Compostela até Tui, a 21 km de Pontevedra. 


     Trátase dun concello densamente poboado que constitúe un dos centros comarcais de máis tradición e cuxa influencia se estende até Pontecesures, Cuntis e Campo Lameiro.


     É cabeceira de Partido Xudicial desde 1988 (antes pertencía a Pontevedra). Pertence ao arciprestado de Moraña e á diocese de Santiago.


Parroquias de Caldas de Reis
     Arcos da Condesa (Santa Mariña), Bemil (Santa María), Caldas de Reis (San Tomé e Santa María), Caldas de Reis (Santa María), Carracedo (Santa Mariña), Godos (Santa María), Saiar (Santo Estevo), San Clemente de Cesar (San Clemente), Santo André de Cesar (Santo André)


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901