CAPILLA DE SANTA BARBARA
O CARBALLAL
VILAMOR
FOLGOSO DO COUREL
Carballal é unha aldea da parroquia de Vilamor, no concello lugués de Folgoso do Courel.
Está situada a 940 metros de altitude, na serra do Courel.
En 2008 tiña unha poboación de 28 habitantes (14 homes e 14 mulleres).
Vilamor
San Vicente de Vilamor é unha parroquia do concello de Folgoso do Courel na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo.
No ano 2007 contaba con 156 habitantes, deles 86 eran homes e 70 eran mulleres.
Lugares da parroquia de Vilamor
A Campa, Carballal, Castro Portela, Froxán, Mazo Santigoso, Vidallón, Vilamor, Vilar
Folgoso do Courel
Folgoso do Courel é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga. O seu xentilicio é «courelao».
Poboación
Censo total 1.089 (2015)
Xeografía
A serra do Courel é unha cordilleira montañosa situada no sueste da provincia de Lugo, que se estende tamén polos concellos de Quiroga e Pedrafita do Cebreiro.
Ten uns 212 km², con fortes variacións de altitude, desde os 400 m no val do río Lor aos 1.600 m en picos como Montouto, Formigueiros (1.643 m) ou Pía Páxaro (1.610 m).
O río Lor e varios afluentes seus forman ricos vales con diversos ecosistemas, que fan desta serra a reserva botánica máis importante de Galiza.
Patrimonio natural
Folgoso do Courel ten unhas paraxes naturais de alto valor no eido da espeleoloxía.
A sima de Aradelas está na localidade de Campelo (a 9 km de Seoane), e con 128 metros é a cova máis profunda de Galicia. A cova de Tralacosta ten salas subterráneas con estalactitas e estalagmitas. A cova da Ceza encóntrase en Noceda (a 8 km de Seoane) e ten uns 680 metros de lonxitude, con grandes salas comunicadas por pasos estreitos a través dos que flúe un rego procedente dunha lagoa de 25 metros de profundidade localizada ao final. A Buracada das Choias está en Visuña (a 15 km de Soeane), e ten un percorrido de 30 metros por unha única galería. A cova do Oso está en Moreda, aos pés duns resaltes rochosos. Ten interese arqueolóxico, pois nela atopáronse restos de cerámica. A cova de Teixeira, de gran profundidade, está no lugar da Poza.
Patrimonio arqueolóxico
No concello hai diversos restos de poboados castrexos. No castro de Vilar destacan as súas murallas defensivas. Nel atopáronse restos de cerámica. O castro da Torre está próximo á localidade de Sobredo. O castro de Miraz ten unhas murallas de grande altura e no seu interior foron atopadas numerosas sepulturas. O castro de Torexe está en Visuña. No catastro de Ensenada dise que era onde se reunía a xustiza ordinaria da comarca.
Da época da romanización de Galicia consérvase a Tabula Hospitalis, unha peza de bronce atopada no Carbedo cun texto en latín consistente nun pacto entre o seurro Tilego, fillo de Ambato, e os lougeis do castellum Toletensis con autorización das autoridades romanas.
Parroquias de Folgoso do Courel
Esperante (San Pedro), Folgoso do Courel (Santa María), Hórreos (San Pedro), Meiraos (Santa María), Noceda (San Pedro), Seceda (San Silvestre), Seoane do Courel (San Xoán), Vilamor (San Vicente), Visuña (Santa Eufemia)
Comarca de Quiroga
A Comarca de Quiroga é unha comarca galega situada no sueste da provincia de Lugo, na fronteira coa comunidade de Castela e León.
A súa capital é Quiroga e pertencen a ela os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901